A organización de Os Cen do Barbanza ultima a revisión dos percorridos da proba

20 Marzo 2023

Neste punto de inflexión entre o inverno e a primavera, os organizadores da proba Os Cen do Barbanza traballaron arreo para revisar e preparar os percorridos. Ao mesmo tempo que desenvolveron este traballo destacaron o gran engadido deste acontecemento deportivo: “Esta ultratrail ten como valor engadido a paisaxe onde se organiza, con mámoas, castros e cruceiros propios da tradición galega”. Os trekkers remataron xusto antes do inicio da primavera as tarefas de adecuación dos camiños.

Ademais, no Facebook da proba (www.facebook.com/itrekkers/) podemos ver diversos vídeos dos seareiros dos deportes de montaña nos que salientan os tesouros ambientais, paisaxísticos e patrimoniais polos que discorre Os 100 do Barbanza, por exemplo ríos, soutos, castros, cumios ou viñedos.

Os Cen do Barbanza

Boiro será o anfitrión da oitava edición da proba deportiva Os 100 do Barbanza que organizan os International Trekkers de Barbanza e Sar e que se celebra este ano os días 24 e 25 de xuño de 2023.

Os 100 do Barbanza é unha proba de trail de 100 quilómetros que se realiza en 24 horas e que este ano forma parte da Liga de Sendeirismo de Galicia e da Liga Ibérica. É unha proba de ultrafondo e ultradistancia das máis importantes do territorio nacional, e que supón un desafío persoal e deportivo”, recoñeceu o presidente da entidade International Trekkers de Barbanza e Sar, Francisco Alcalde.

A historia desta proba, que pasa polos concellos de Boiro, A Pobra, Ribeira, Porto do Son, Noia, Lousame e Rianxo, remóntase ao ano 2014 e naceu co obxectivo “de dar a coñecer lugares senlleiros dos municipios, recuperar camiños esquecidos e tamén promover a paisaxe, a gastronomía, o turismo e a cultura da comarca”.

Segundo fixo saber o director técnico dos International Trekkers, Xavier Boullón, o percorrido de 100 quilómetros deste ano pasa por un total de 25 parroquias dos 7 concellos e conta cunha subida acumulada de 2.600 metros. “Trátase da única proba de 100 quilómetros que se celebra en España e que ten detrás un gran esforzo e implicación de todos os concellos polos que transcorre”, afirmou Laura Lado, vogal de sendeirismo da Federación Galega de Montañismo engadindo que se trata dunha importante cita deportiva non competitiva e cun máximo de 300 inscricións.

As inscricións para participar na VIII edición de Os 100 do Barbanza poden facerse a través da páxina web www.itrekkers.org.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.