A mostra fotográfica “Nós somos elas” desembarca no Museo do Gravado de Artes polo día da Muller

22 Marzo 2023

Coa fin de dar remate ao programa de eventos organizado polo Concello de Ribeira con motivo do Día Internacional das Mulleres, o Museo do Gravado de Artes deu cabida este mediodía ao acto de apertura da exposición fotográfica “Nós somos elas”, que estará aberta ata o 13 de abril.
O acto estivo presidido pola tenente de alcalde María Sampedro e contou tamén coas intervencións da directora do CIM, Dolores Crujeiras, e do director do Museo do Gravado, Pastor Rodríguez.
Houbo unha trintena de asistentes, principalmente mulleres que están inscritas aos talleres de memoria do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores.
A mostra, de carácter itinerante, está promovida pola Deputación da Coruña en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Consta de 24 fotografías pertencentes ao arquivo fotográfico Xosé Vidal, que forman parte da colección permanente do Museo do Mar de Laxe.
24 poetas
Trátase fundamentalmente de retratos femininos, tomados no ámbito privado e familiar, e cada un deles está asociada a voz de 24 poetisas contemporáneas: Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato,
Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradàns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño.
María Sampedro convidou a visitar esta exposición, na que moitas veciñas e veciños pódense sentir identificados ao capturar momentos da vida cotiá na vila de Laxe que eran moi semellantes aos que se
podían vivir aquí no século pasados, e que aínda perviven en forma de fotografías en moitos dos nosos fogares.

A edil tamén puxo en valor o propio Museo Gravado como unha das xoias culturais deste municipio e animou ao público a coñecer tamén as outras exposición que hai abertas (unha sobre Picasso e a outra
de artistas contemporáneos arxentinos) e a súa biblioteca ilustrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.