“A mexilla non ten dono” – Antón Luaces

24 Marzo 2023

O domingo, 6 de febreiro de 2022, O Barbanza publicaba este artigo que hoxe mantén -ao meu criterio- actualidade. Sigo a pensar o mesmo:

​Desde ben nenos, a xente da miña xeración agachapabamos (escalabamos) as rochas da Pedra Pateira, de Fontán, do Touro, de Area de Secada e outras praias de Riveira, facendo apoios nas “piñas” da mexilla que se criaba nesas moles que eran para os mariñeiros referencias perfectas á hora de navegar. Falo de vai máis de 60 anos. E nunca ninguén me chamou a atención por usar a mexilla para coroar unha pedra (rocha) desde a que me guindar (“chupar”, diciamos) ao mar de cabeza (ou de cu). A mexilla, polo tanto, vai de seu nun espazo da miña vida que, sen embargo, non me permite entender que aínda agora a loita de intereses entre percebeiros e bateeiros chegue a uns estremos que nada bo agoiran para ese futuro que, necesariamente, han compartir si ou si.
O conflito da mexilla chegou a onde nunca pensei que puidera chegar: Rosa Quintana e Ethel Vázquez, conselleiras do Mar e de Infraestruturas, respectivamente, foron acurraladas e acosadas no Intecmar de Vilaxoán o pasado venres. “Especialmente doloroso para min pola imaxe lamentable e errada que certas persoas se encargaron de proxectar”, dixo Quintana após un respiro tras o mal momento vivido.
Bateeiros e mexilloeiros que sempre viviron a expensas dunha mexilla que ninguén lles disputaba protagonizan desacordos que conducen a formulacións nunca ata o de agora vividas nas rías galegas. Ata que o sector percebeiro alzou a súa voz contra dunha explotación da mexilla polos bateeiros que a eles lles prexudica directamente porque os mexilloeiros aproveitan a mexilla para a cría e engorde do mexillón nas cordas das súas bateas sen ter en conta que a extracción da mexilla significa danos sen conto para o percebe, especie que necesita de catro ou cinco meses de crianza para chegar á súa etapa adulta e, xa que logo, de cría no medio da mexilla. O que significa que a rasqueta que extrae a mexilla leva consigo a cría do percebe.
O venres pasado Vilaxoán foi testemuña dese mal paso que os bateeiros deron para facer valer as súas reclamacións “acurralando e acosando” a Rosa Quintana (que ía acompañada de Ethel Vázquez) a quen consideran culpable dos seus problemas.
Non houbo rectificación inmediata (que non sei se chegará en algún momento) por parte dos mexilloeiros, que calan coma petos. Arrepentidos, talvez, do acontecido. Mesmo avergoñados polo ataque a dúas mulleres -á marxe as súas responsabilidades institucionais- que se atoparon inmersas nunha violencia absolutamente inxustificada que, dou por suposto, as nais, fillas e mulleres dos bateeiros tampouco como mulleres deberan xustificar. Por máis que os manifestantes do venres acusaran á conselleira do Mar de “secuestro” da mexilla.
De “encerrona” e “ataque inaceptable” cualificaron o acontecido membros do PP como Pedro Puy, portavoz do PP de Galicia, e os presidentes das tres federacións provinciais de confrarías e o da Federación Galega de Confrarías. Penso que con razón, por máis que doa tal recoñecemento aos protagonistas do esperpento.
Cando todo semellaba estar encamiñado para o traballo en común dunha solución ao problema após as medidas anunciadas días atrás para que a negociación substitúa aos enfrontamentos verbais e o case ter chegado ao man a man, dáse este mal paso en Vilaxoán que obrigou a dúas conselleiras do goberno galego a protagonizar o que nunca se vira na comunidade autónoma galega.
Non son quen para aconsellar, pero estou convencido de que non é coa violencia como se resolven estas cuestións de desacordos entre colectivos profesionais. O conflito non necesariamente debe pasar pola violencia para a súa resolución. Así se evidencia no rexeitamento amosado por distintas organizacións mariñeiras que deixan ben claro que o camiño non é a violencia, a ameaza e a coacción. Os berros e insultos non levan ao entendemento e á solución, por máis que os apupos poidan contribuír en algún momento a liberar carga anímica. Proceder ao saneamento da ría é un paso, e outro válido ven ser a negociación a catro bandas -consellería, pósitos, mexilloeiros e percebeiros- libres de ameazas e berros.
A mexilla, como recurso, non é exclusiva dos mexilloeiros. Tampouco dos percebeiros. Ambos os colectivos a precisan. Búsquese, daquela, un punto de encontro acorde, que carallo. Porque o mar, as rochas e a mexilla son de todos. Non hai exclusivas.
Un ano despois da publicación deste artigo, as partes seguen sen atopar ese punto de encontro. E este está na man dos protagonistas da liorta. Poden facer algo máis para solucionar o problema?.

Outros artigos

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

+

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

+

“Cando sobran motivos para non calar”. Antón Luaces

Confeso a miña particular admiración polo xornalista Isaías Lafuente Zorrilla a quen sigo actualmente grazas á súa intervención semanal no programa "24 horas", de RTVE, que presenta e dirixe na 2 o tamén xornalista (galego) Xavier Fortes.  Nesta oportunidade...

+

“¿Libertad de expresión?” – Manuel Domínguez

Seamos honestos, uno no puede ser libre cuando la barriguita le grita, porque en la mesa falta el pan. Uno no puede informarse en los medios de prensa, cuando económicamente son deficitarios, y mal viven a expensas de subvenciones, unas veces de babor otras de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.