A Marea de Noia di que o Concello de Noia aínda non entregou a documentación da Praza de Abastos

14 Marzo 2023

A Marea de Noia volveu emitir un comunicado crítico co Concello en relación á reforma da Praza de Abastos. O comunicado ten o seu precedente directo no pleno da Corporación municipal do pasado 23 de febreiro, cando se aprobou iniciar unha auditoría interna para valorar se os pagos efectuados con informe negativo da intervención municipal se corresponden coas certificacións da obra.

Dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia indican estar “fartos de tanta mentira e escuridade neste procedemento” e tamén que “pedimos a copia do expediente e 20 días despois non se nos facilitou”. E engaden: “Estamos falando dunha obra de máis de un millón de euros que debería terse executado con todas as garantías e seguindo a normativa en materia de contratación”. O grupo di que o devandito trátase “dun sintoma de mala xestión do Goberno de Santiago Freire, mais preocupado por saír ben na foto de precampaña que por xestionar con rigorosidade os fondos municipais”.

Indican que de “non resolverse esta situación” iniciarán accións xudiciais contra o alcalde e “que sexa a xustiza, ante os diversos atrancos que esá poñendo o Goberno municipal para facilitar a documentación, quen delibere se se está actuando conforme a normativa ou non”.

Manolo Seijas indicou que “non é habitual que non se facilite a documentación requirida dende o Concello, nunca se fixo, polo que estamos ante un feito sen precedentes”. E mentres tanto, engaden dende a Marea Cidadá de Noia, “a obra segue paralizada”. O comunicado conclúe lembrando “que os informes da auditoría interna, que deberán emitir a secretaria municipal, a interventora, o director de obra e os servizos de urbanismo, deben entregarse antes da vindeira semana”.

Outros artigos

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

A compañía aAntena leva a Noia (este sábado) a obra “Sol Fuerza”

O Coliseo Noela de Noia acolle este sábado 3 de outubro a representación de Sol Fuerza, da compañía galega aAntena e protagonizada por Lucía Veiga. Será ás 20.30 horas con entrada de balde ata completar o aforo. Trátase dun espectáculo para público adulto que mestura...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.