A educadora Pilar Porral participou nun debate sobre igualdade con estudantes de Porto do Son

15 Marzo 2023

Entre as actividades programadas polo Concello de Porto do Son para celebrar, a semana pasada, o Día da Muller (8-M) incluíuse unha charla con Pilar Porral (Coeduca Consultora), educadora e, tamén, directora e guionista da obra Mulleres e Igualdade, documental interxeracional sobre seis mulleres lucenses e as contas pendentes en igualdade coas que teñen que enfrontarse..

Trala proxección, realizou co alumnado de 1º e 2º de E.S.O. do IES de Porto do Sonun debate-coloquio participativo. Foi, en palabras do Concello sonense, “un exercicio de reflexión para que as futuras xeracións teñan pendente os desafíos a superar en materia de igualdade, tales como a conciliación, corresponsabilidade, violencia de xénero…”

Ao finalizar, todas e todos as/os participantes na actividade puideron degustar unhas pastas doces preparadas polo do Certificado de Cociña do Obradoiro de Emprego Tahume VIII, co-impulsado polo Concello de Porto do Son e o Concello de Ribeira.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.