A doutora Martínez Monzonís gaña o Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía

14 Marzo 2023


O equipo liderado pola doutora Amparo Martínez Monzonís resultou gañador da cuarta edición do Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía Enfermidades valvulares cardíacas Ramiro Carregal. Así o anunciou este martes o xurado do certame, que preside o doutor José Ramón González Juanatey. O premio, consistente en 30.000 euros e un galardón acreditativo, será entregado nas próximas semanas en Santiago polo mecenas e empresario Ramiro Carregal.

A doutora Martínez Monzonís é cardióloga no Hospital Clínico e preside a Asociación de Imaxe Cardíaca da Sociedade Española de Cardioloxía. Tamén forman parte do equipo gañador Ana García Campos, Brais, Díaz Fernández, Violeta González Salvado, Sonia Eiras Penas e Ramiro Trillo Nouche. O seu proxecto leva por título Estudo de marcadores prognósticos na insuficiencia tricuspídea (IT) significativa na era do tratamento percutáneo: o papel das técnicas de imaxe cardíaca avanzada e a graxa epicárdica.
O xurado tivo en conta a relevancia que adquiriu nos últimos anos o estudo desta valvulopatía «esquecida durante moito tempo». Tamén a confirmación de que «a insuficiencia tricuspídea significativa non está exenta dunha alta morbimortalidad», os avances en técnicas de imaxe cardíaca avanzada que permiten unha mellor valoración do mecanismo e gravidade desta valvulopatía e o desenvolvemento de técnicas de reparación e substitución percutáneo da válvula tricúspide cunha menor morbimortalidad incrementaron o interese por esta patoloxía.

Equipo de la doctora Martínez Monzoní. R

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.