A contadora Vero Rilo leva a Lousame os seus Contos do animalario

28 Marzo 2023

Será este domingo, 2 de abril, ás 18 horas cando teña lugar unha sesión de contacontos no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. Máis polo miúdo, para asistir a este encontro encamiñado a nenas e nenos de 2 a 8 anos cómpre inscribirse sen custo ningún nesta web até completar o aforo de 110 prazas. Indo ao espectáculo en cuestión, trátase de Contos do animalario, unha entretida viaxe da man da contadora Vero Rilo que levará á rapazada polos montes, prados e camiños máis verdes que existen, onde se atopa cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis e cantigas de fai anos e non tantos. Vero Rilo é narradora oral e leva dende 2013 contando contos e historias de vida para todo tipo de público. Unhas historias nas que a música adoita estar moi presente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.