A campaña da sardiña empezou este luns

20 Marzo 2023

A campaña da sardiña empeza este luns e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, espera que sexa “un moi bo ano” porque o recurso atópase “moitísimo mellor que nos maiores anos de explotación”.

Así o sinalou a preguntas dos xornalistas durante un acto en Porto do Son onde aproveitou para reivindicar que Bruxelas adopte decisións con base en datos científicos.

Ao seu xuízo, o estado da sardiña “é unha mostra máis dos despropósitos que levan á Comisión para tomar decisións equivocadas”, debido a que en 2018, segundo lembrou, expuña un período de veda de 15 anos.

Deste xeito, recalcou que esta é “unha mostra máis de que hai que ter datos científicos e adoptar os plans de xestión para manter actividade e o recurso ao mesmo tempo”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...