O Concello de Ribeira, Rinoceronte e Barbantia presentan as Sátiras de Horacio traducidas ao galego o día 24

O Concello de Ribeira, a Editorial Rinoceronte e a Asociación Cultural Barbantia organizan este mes de marzo o acto presentación do libro Sátiras, de Horacio, na tradución de María Margarita Fernández Gómez. O acto celebrarase o vindeiro venres, 24 de marzo, ás 20.00 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.

Intervirán no acto:

María Sampedro Fernández, Concelleira de Cultura
María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia®
Moisés Barcia, editor de Rinoceronte Editora
Raúl Gómez Pato, director da colección Vétera
María Margarita Fernández Gómez, tradurora das Sátiras

Barbantia lembra que este mes o suplemento cultural A Voz de Barbantia nº 183 sairá do prelo o sábado, 25 de marzo, conxuntamente con La Voz de Galicia.

Sátiras (ficha de Rinoceronte)

Podemos definir a sátira latina como un xénero literario especificamente romano que, servíndose de influencias diversas, e perseguindo unha finalidade netamente moralizadora, acode a unha conxunción de formantes nun rexistro irónico, gracioso e picante para explicar a intencionalidade argumental detallada. No caso de Horacio, a exposición de vicios e defectos da sociedade ten como finalidade a súa corrección.

A tradución ofrécese en prosa, aínda que seguindo a secuencia dos versos orixinais, e cada sátira vai precedida dun pequeno resumo elaborado pola propia