180 persoas poderán beneficiarse dos tres cursos de mariñeiro pescador que convoca a Xunta na modalidade “Online”

25 Marzo 2023

A Consellería do Mar vén de convocar tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade online que terán lugar entre o 16 de maio e o 23 de xuño deste ano cunha duración de 50 horas e dos que se poderán beneficiar un total de 180 persoas. Cada unha destas accións formativas estará titorizada por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro da Consellería, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira e o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
O período de preinscrición para estes cursos, que contan con 60 prazas cada un, está aberto ata as 15:00 horas do próximo 14 de abril. Para realizar esta prematrícula será necesaria a identificación mediante o sistema de usuario e clave Chave365 ou un certificado electrónico. Toda a información sobre esta oferta formativa pode consultarse no apartado de teleformación da web da Consellería do Mar.
Os 60 admitidos en cada curso deberán matricularse no centro de ensino correspondente nun prazo de 10 días naturais a partir do día seguinte á publicación da listaxe provisional de admitidos no mesmo apartado no que se fixo a prematrícula. Pode consultarse a documentación precisa para facelo no Anexo II da orde pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na comunidade.
Unha vez que remate o curso en liña realizarase un exame final de xeito presencial en cada un dos centros dependentes da Consellería do Mar. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse á proba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...