140 prazas para realizar visitas guiadas no arquipélago das Illas Atlánticas

04 Marzo 2023

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ofrecerá esta primavera un total de 140 prazas para participar en rutas guiadas polos catro arquipélagos co fin de dar a coñecer entre os
visitantes os seus principais valores e singularidades nunha época do ano distinta ao verán e na que, ademais, moitos procesos naturais se poñen en marcha nas illas. As visitas serán de balde e enmárcanse no programa Descubrindo o Parque Nacional.
Desde a posta en marcha desta iniciativa por parte da Xunta, en febreiro do ano 2014, xa participaron nela máis de 1.500 persoas e cada primavera detéctase un interese e demanda maiores. Deste xeito, búscase promover a desestacionalización das visitas ás Illas Atlánticas e ademais ofrécese a posibilidade de achegarse aos arquipélagos dun xeito ordenado, sostible e da man de guías especializados no Parque Nacional.
Concretamente, este ano organizaranse oito visitas guiadas entre marzo e abril. As rutas faranse con grupos reducidos co fin de poder ofrecer unha experiencia de calidade e para dar a oportunidade de participar ao máximo número posible de persoas, os interesados só se poderán apuntar a unha delas. Así mesmo, habilitarase tamén unha listaxe de agarda coa que cubrir posibles baixas.
Desde hoxe xa está aberto o prazo de inscrición e as persoas que queiran participar nalgunha das rutas ofertadas poderán anotarse ata catro días antes da data da visita nas oficinas do Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo ou na súa páxina web .
A temática das rutas é moi diversa; dende o carácter histórico e botánico da illa de Cortegada con O segredo dun bosque no medio do mar, pasando polas rochas de Sálvora coas súas Esculturas e lendas e pola toponimia de Ons coa ruta Unha illa de nomes, ata chegar á historia de Cíes a través da visita proposta baixo o título Viaxe no tempo. En todos os casos, son itinerarios recomendados para maiores de 12 anos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...