“Vale máis 31 trens de vía estreita que 80 vidas humanas”. Antón Luaces

21 Febreiro 2023

Sorpresa: a secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, e mais o  presidente de RENFE, Isaías Táboas, presentaron este luns a súa demisión á ministra de Transporte, Raquel Sánchez.

Ao final, tivo máis forza -ou máis peso- un contrato para a fabricación  de 31 trens de vía estreita (antiga FEVE) para as comunidades de Cantabria e Principado de Asturias por importe de 258 millóns de euros. A ministra aceptou a proposta de ambos os cargos.

Obviamente, as demisións teñen que ver co feito de que os trens que se fabricaban non podían circular polos moitos túneles existentes nas devanditas comunidades autónomas pola súa orografía: os trens foron deseñados, ao parecer, cunhas dimensións que non lles permitían o paso por eses túneles.

Ata aquí, todo claro. Coma auga de río de montaña. Pero algp non me  cadra e vou dicir por que: Eu non o sei, pero vostede, amigo lector, coñece canto de valor poden ter as vidas das 80 persoas mortas e os efectos  causados noutras 144 no accidente ferroviario rexistrado na curva da Grandeira, en Angrois (Santiago de Compostela) o 24 de xullo de 2013?. Serán menos valiosas esas vidas, eses feridos, ca os 31 trens anteditos?.

Asumo que vostede poida denominarme demagogo ou cousa semellante e mesmo algo aínda pior. Pero os feitos están ahí, na balanza: 31 trens máis anchos cos túneles, fronte a 80 mortos, 144 feridos de distinta gravidade, un tren esnaquizado e o tendido ferroviario da Grandeira inservible.

Debo pensar cas demisións que me levan a esta reflexión non foron forzadas xa que logo falariamos de ceses desimulados?.

As peticións de demisión poderían  ser  a consecuencia dunha reflexión persoal de cada un dos demisionarios,  que os levou a avaliar algo que os cidadáns españois xa avaliaran antes e cadraron con eles na apreciación de que non se podía entender tal cousa: nen sequera terían un metro ou un cordel para medir o ancho de cada túnel e comparalo coa estrutura dos trens que deberán pasar por eles?.

Daríalles vergoña e, lóxicamente, demiten. Non poñen os  cargos ao dispor da ministra, non: vanse.

Se comparamos esta resposta coa que se rexistrou con motivo do accidente de Angrois atopan vostedes algunha similitude?. Alguén promoveu en Madrid unha resposta destas características convencido/a de que o do ancho dos trens e as vías era un puro cachondeo nacional-internacional, ou é a resposta axeitada a un periodo preelectoral no que os partidos políticos poñen en xogo o seu ser ou non ser en Asturias, Cantabria e outras comunidades autónomas e concellos españois?.

Posiblemente sexa eu un mal pensado. Mais non  teño dito o que penso. Así

que, lector, non tire vostede conclusións porque non milito en ningún partido, nen me presento a ningunha eleción.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.