“Unha paz que non chega porque hay quen non a quere”. Antón Luaces

25 Febreiro 2023

Xa, Xa se cumpriu o primeiro ano da guerra da guerra que Putin dixo non ser súa e Zelenski combate. Un mpor Rusia, outro por Ucraína.

Foi, sí, o 24 de febreiro de 2022 cando neste curruncho noroeste da sempre viva Iberia que é Galicia nos decatamos de que os dirixentes de Rusia, con Crimea no seu poder, querían facer máis pequerrecha a sempre presente Ucraína, pedra no zapato ruso e  Nación veciña coa que tantas cousas compartiu e da que tantas outras a separaban sendo como foron tantas cousas -boas e malas- en decenios de convivencia (forzada?) e coparticipación durante os decenios da existencia da desaparecida URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. Os ucraínos pasaron a ser invadidos após seren veciños, irmáns, familias. Aqueles que compartiron todo, agora reparten desavenencias e, o que aínda é pior, permanente desencontro.

Na que foi a terra duns e doutros -Rusia e Ucraína- xa non se atopan na veciñanza, entre eles. Non se alcontran nin as pedras dos camiños que tanto compartiron er que andaron á xunta. Son. Actualmente, millóns os membros de familias que a un e outro lado da terra fendida pola metralla non se recoñecen, non se sorrín por mor do desencontro e o medo á norte en calquera lugar. Familias que deixan todo atrás neste inverno-inferno especialmente duro.

Un ano de enormes perdas e sufrimento por ambas as partes. ACNUR baralla a cifra de 7 millóns de èrdo0as as desprazadas dentro de Ucraína, Nada se dí dos mortos en ambos os bandos, ucraínos e rusos. Pero tgodo deus está convencido de wue se contan a milleiros, como en milleiros de euros ou dólares se calculan as perdas ocasionadas pola artillería dos exércitos enfrontados porque ao presidente Putin se lle meteu unha segunda china-pedra nos seus zapatos de deseño,

Galicia axuda. Os galegos axudamos a aqueles que, sabedores ou non das razóns, padecen máis as consecuencias de seren menos e pior armados no intre mesmo no que Putin daba a orde de atacar aos irmáns que xa non recoñecía.

Eis o momento de cavilar. E así se fai aquí. Por exemplo no concello de Cariño onde perto dun cento de ucrainos so xa outros tantos cariñeses. Conviven, participan, pisan os mesmos carreiros e estrada, os mesmos camiño e rúas. Uns e outros son uns, son un todo, e sentiron este 24 de febreiro nun único latexo. O mesmo pasou noutras moitas vilas e cidades galegas onde os propios non saben noito de ucraíno, pero os que se fan da mesma sincronía sí falan galego e castelán.

Oxalá este xa pasado 24 de febreiro de 2023 sexa o único aniversario da guerra ucraina que se conmemora.

Oxalá, sí.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.