“Unha forte escora e afundimento en escasos minutos, a realidade da traxedia do Villa de Pitanxo”. Antón Luaces

23 Febreiro 2023

Ondaxe de máis de 7 metros que impedía que a auga que entraba no arrastreiro de Marín Villa de Pitanxo saíra a un ritmo axeitado para evitar o naufraxio é unha das circunstancias que baralla a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM), organismo dependente do Ministerio de Transportes. A investigación desta traxedia que provocou a morte de 21 tripulantes (dos 24 que levaba) apunta tamén a que o buque navegaba a 2,6 nós cando afundiu e que da pé a cavilar en torno

á incompatibilidade deste feito coa parada que de súpeto rexistrou segundo a versión do patrón e lo sobriño deste, as o como da casa armadora.

Son, polo de agora, datos provisorios dese informe da Ciaim sobre a pescuda que leva a cabo para determinar as causas verdadeiras que o 15 de febreiro de 2022 incidiron no afundimento do barco marinense a 250 millas (e non a 450 millas como ata o de agora se barallaba) ao leste de San Xoán de Terranova (Canadá). Eran naquelas horas momentos nada propicios (entre as 4,16 e as 4,23 horas) nas que a rapidez do afundimento e o mal estado do mar poderían ter condicionado as posibilidades de supervivencia da tripulación mentres levaban a cabo un lance nunha praia próxima á mítica zona do Flemish Cap, á que o Villa de Pitanxo chegara após varias esgotadoras xornadas de pesca noutras áreas, como acontecera co seu derradeiro lance, o 14 de febreiro, nunha manobra de arrastre que se alongou  durante once horas e media na que o pesqueiro en cuestión reduciu a velocidade a 2,6 nós.

Esta constatación  podería inducir á Comisión a desbotar a versión do patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, e do Grupo Nores, casa armadora do buque, para os que o naufraxio foi producido por un “fallo repentino no motor”, dando a entender que este pararía de golpe a marcha do barco, circunstancia que, en ningún caso, recoñece a Comisión, quie sí estabelece que o arrastreiro tiña despregado o aparello e que afundiu en “escasos” minutos debido á forte escora que presentaba na babor e

á  altura de máis de 7 metros da ondaxe na zona.

Fai a Comisión  unha chamada de atención; o Villa de Pitanxo estaba alistado para 22 tripulantes (levaba 24) polo que “non se pode garantir que houbera traxes de sobrevivencia para todos”.

Cando se comprobou que a escora do arrastreiro non se daba corrixida, os mariñeiros poderían ter tratado de subir á ponte de mando e ás balsas salvavidas, sen conseguilo.

A CIAIM vai continuar a pescuda para determinar causas e circunstancias deste naufraxio. O seu informe pode rematar neste mesmo ano de 2023. Tamén, e á marxe do traballo da Comisión, agárdase con moita ansia a supervisión do pecio do buque, o que podería producirse no vindeiro verán, cando en teoría as condicións de mar e vento na área de Terranova sexan mellores que as actuáis.

Queda moito labor por diante e hai moito que clarexar ao respecto.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.