“Un erro que puxo en vilo ao sector da construción naval galega”. Antón Luaces

04 Febreiro 2023

Sempre se dixo que a xustiza era lenta e este andar mainiño da xustiza -neste caso a da Unión Europea- colmou o vaso da paciencia de numerosas empresas da construción naval que, no  caso de Galicia, prexudicou a numerosos traballadores que levarán para sempre no seu almario o dano económico e, por derivación, social, da aplicación do “tax lease” .

(sistema español de arrendamento fiscal aplicable ás empresas navieiras (SEAF).

A Comisión Europea esixiu a devolución ás arcas públicas españolas  deste tipo de axudas proporcionadas polo Estado aos investidores entre 2007 e 2011. Estas axudas, declaradas  parcialmente incompatibles  coas normas da UE sobre axudas estatais, polo que se debía restabelecer a situación anterior á “distorsión” da competencia.

Os traballadores dos estaleiros españois temeron desde ese momento que, sen as deducións fiscais, perderan a construcción duns 45 a 200 buques valorados en máis de 2.000 millóns de euros, tal e como calculaba a patronal do sector, Pyme.

 Pero xa dende 2002, que permitía que as empresas de transporte marítimo adquiriran buques en España cun desconto de entre un 20% e un 30%, unha operación deste sistema autorizaba a un propietario a ter un buque novo construido  cun desconto respecto ao prezo que cobraba o estaleiro, con beneficios fiscais dos investidores. A cambio, a empresa navieira recibía un desconto sobre o prezo do buque. É dicir: unha operación do SEAF permitía a un navieiro ter un buque novo construido cun desconto a respecto do prezo que cobra o estaleiro. Coa fin de obter un prezo rebaixado, unha empresa navieira podía non comprar o buque diretamente ao estaleiro, senon a unha agrupación de interese económico (AIE).

Galicia comezou a falar do “tax lease” cando, en 2006, unha denuncia das autoridades holandesas e dos estaleiros dos Países Baixos apuntaban que esas axudas aos estaleiros españois -dous en Ferrol e tres en Vigo- estaban baseadas  nun esquema fiscal polo que ao final, o prezo dos barcos era -como xa se citou- entre un 20% e un 30% menor pola devandita axuda estatal aos estaleiros. O sistema estabelecía a creación dos investidores e armadores que, Unidos en Agrupacións de Interese Económico (AIE) obtiñan vantaxes por asumir as perdas provocadas ao menor prezo.

O conflito vai resolverse agora, ao cabo de 17 anos: o sistema de axudas deseñado por España para apoiar ao sector de estaleiros entre 2002 e 2011 non se axustaba á regulación de axudas de Estado da Unión Europea. Sen embargo, a decisión da Comisión de pedir o diñeiro aos investidores que participaban nun esquema no que se implicaban armadores e estaleiros foi “un erro de Dereito” debido a que se consideraban únicos beneficiarios aos investidores, segundo información do propio Tribunal.

Fálase de centos de millóns de euro os que o departamento de Competencia Comunitario esixía como devolución aos investidores; pero non se sabe con certeza a canto ascendía. Tal decisión foi recorrida por un importante grupo de empresas , entre as que figuraban, segundo o xornal El País, Inditex, Telefónica, Caixabank, Duro Felguera, etc., en total perto dun cento, amáis do propio Estado español. Unha setenza, a do Tribunal de Xustiza da UE, favorable para os intereses de España, que sinala que o esquema de axudas denunciado era ilegal e queda eliminada a obriga de devolver as axudas anteditas. O Tribunal de Xustiza anula a sentenza na medida que designa as AIE e os seus investidores como únicos beneficiarios das axudas contempladas na xa citada decisión, e na medidas en que ordena ao Reino de España que recupere íntegramente o importe da axuda contemplada.

Un paso avante que non deixa en bo lugar aos denunciantes: Países Baixos.

Outros artigos

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...

+

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...