“Un cohete espía, precursor en Ribeira dos globos espía chineses”. Antón Luaces

06 Febreiro 2023

Ribeira,  cando aínda non se nomeaba Santa Uxía e poucas veces Santa Eugenia, foi precursora en distintos aspectos de feitos internacionais de moito, notabilísimo renome.

Curiosamente, algúns destes feitos de carácter local, so tiveron trascendencia neste ámbito: o local.

Non vou citar datas, máis sí aportar datos: o cine estadounidense permitiunos saber da existencia de embarcacións que, en ríos ou portos marítimos, servían de vivenda máis ou menos axeitada a familias non sempre en dificultades económicas. Tamén eran vivenda dun mariñeiro, un policía solitario, en escritor, unha decoradora… e falabamos, após o “pase” da cinta nos cines do “Filipino” ou de Moraña, do ben que vivían os americanos. Porque aos que daquela eramos xoves,  parecíanos marabilloso vivir nun barco. E non tiñamos en conta a Andrés “Chepa” ou a Maruja “A Rianxeira” que viviron tempo e tempo nun vello “candrai” no que, por suposto, contarían as súas particulares historias de amor . Pero a ninguén se lle ocorreu relatar esa vivencia que escandalizaba ás mulleres que acodían a diario ao rosario na igrexa parroquial.

Andrés e Maruja viviron a súa historia en tempos de Franco, coa Garda Civil a menos de 500 metros e a igrexa -con todo o seu poder- a un tiro de pedra. Mais esa historia non se levou ao celuloide. Sï ás xuntanzas de comadres no “Porlán” da casa.

Tampouco se visionou nos cines a “película” que poido dar nome internacional a Ribeira aló polo finais dos anos 50: cando Lisardo Valeiras Bravo posiblemente non soñara con ser alcalde e tampouco argallara en se converter en Mestre, sacou da manga un invento: o “Lacón-Tiqui”, embarcación metade soño, metade “carallada complicada”, instalada sobre un enxaretado de táboas dotado dun mastro e unha vela rachada que o vento movía ao chou e que alguén “guiaba” mediante un remo que facía de temón a popa. O “invento” foi quen de chegar ao varadoiro, onde centos de persoas agardaban a aquela especie de náufragos procedentes dunha illa lonxana dotada de faro e que todos chamabamos Ínsua.

O cine encargouse de contar outra historia que nada tiña que ver con Ribeira cidade que, un par de anos máis tarde, celebraba na explanada do malecón o “lanzamento” dun cohete espacial que o propio Lisardo Valeiras deseñou e, xunto con outros amigos, construiu.

O “cohete” tiña como destino a lúa, moito antes de que os americanos pousaran os seus pés no satélite da Terra. Este de Ribeira ía recheo de material facilitado por unha pirotecnia e levaba unha mecha á que Valeiras prendeu lume consciente de que o peso do “cohete” sería un handicap para que este poidera emprender o voo e subir máis aló dos 200 metros de altura.

Desgraciadamente o “cohete lunar” só fixo un intento e o estourido da súa carga deixou a estrutura do foguete -de máis de dous metros e medio de altura  e pouco máis ou menos setenta e cinco centímetros de diámetro (na parte máis ancha)- como Claudio o da Cuba deixaba os polbos ao mazalos no varadoiro.-

Tampouco este feito foi levado ao cinematógrafo, endebén hai material gráfico da “fazaña”.

Soñar, soñabamos. O que pasa é que a nosa tecnoloxía non daba para máis. Estou seguro de que os globos espía chineses que estes días son tan nomeados no mundo enteiro terán copiado os planos do “cohete”, o mesmo que fixeron os estadounidenses para chegar á lúa.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.