Tres tripulantes son rescatados dun barco envorcado na Pobra do Caramiñal

22 Febreiro 2023

Un barco bateeiro rescatou aos membros da tripulación; un deles presentaba dor nunha perna, aínda que acudiría ao centro sanitario polos seus propios medios unha vez de volta en Cambados, onde ten base o seu armador.

A Policía Local da Pobra do Caramiñal, á súa vez alertada por un particular, informou ao 112 Galicia dos feitos instantes antes das 10:30 horas. Os axentes estaban na zona do Maño, e observaban ás tres persoas implicadas sobre o casco do barco pesqueiro, que quedara coa quilla ao sol a unha distancia considerable da liña de costa e que remataría por afundir.

En cuestión de minutos, un bateeiro que navegaba pola zona conseguiu rescatar á tripulación.

Un dos seus membros queixábase de dor nunha perna, polo que foi transferido a un barco de rescate de Salvamento Marítimo. Ao mesmo tempo, o 112 Galicia solicitaba a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para prestarlle asistencia unha vez en terra, o que non foi necesario: sería finalmente trasladado a outra embarcación, propiedade do seu armador, que se encargaría de levalo de volta a Cambados.

O ferido indicou que acudiría polos seus propios medios ao centro hospitalario.

Desde o 112 tamén se informou para este operativo ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.