Suspendido o desaloxo do seu fogar previsto en marzo para unha familia vulnerábel de Ribeira

21 Febreiro 2023

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza informou da suspensión, por parte do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº1 de Ribeira, do desaloxo sinalado para o día 16 de marzo que deixaría sen o seu fogar a unha familia en situación de vulnerabilidade de Ribeira. A decisión foi tomada logo da presentación do escrito correspondente por parte do avogado de oficio, Carlos Alvarez Marqués. Agora o Xulgado instou aos Servizos Sociais municipais de Ribeira para que, no exercicio das súas funcións, “emita un informe sobre se o fogar afectado atópase en situación de vulnerabilidade social e económica e o notifique a este órgano xudicial inmediatamente”.

Pola súa banda, desde a Oficina da Valedora do Pobo está a iniciarse a mediación correspondente ante a entidade pertencente ao Grupo Santander, UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios) para conseguir un alugueiro social e que a familia, con tres fillos, un deles menor, poida continuar residindo na vivenda unifamiliar.

…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.