Sociedade comprometida” – José Manuel Pena

10 Febreiro 2023

Estamos convencidos de que a pobreza e a desigualdade non terá unha solución definitiva mentres non haxa un compromiso real das persoas e familias afectadas pola exclusión social e situacións de vulnerabilidade. Xa non é suficiente acudir, puntualmente, a unha mobilización de protesta senón que é necesario unirse para trasladar as demandas aos despachos oficiais e institucións públicas. Mesmo ante os propios tribunais de xustiza para que, tanto o poder executivo como o lexislativo, crean na necesidade de articular diferentes e amplas políticas, acordes á realidade social e a atención prioritaria cara aos dereitos das persoas máis vulnerables.

As estatísticas sobre o paro, a pobreza, a desigualdade e a exclusión social están aí, e xa ninguén as pon en dúbida, desde hai décadas. Agora hai que adoptar máis medidas sociais e laborais efectivas, dentro do marco da propia Unión Europea. Medidas lexislativas mínimas que, en todo caso, cada país poderá mellorar pero nunca deixar de aplicalas en detrimento de a norma máis favorable para os cidadáns nacionais.

O poder da sociedade civil é evidente. Hai poucos anos ninguén pensaría que se chegase a materializar unha renda mínima para as persoas sen recursos, como o Ingreso Mínimo Vital. Ninguén pensaría que as entidades financeiras deixarían de desafiuzar, das súas vivendas habituais, a familias humildes e vulnerables, con escasos recursos sen ofertarlles unha alternativa como unha moratoria, un alugueiro social, etc. Ninguén se crería que unha empresa eléctrica deixase de cortar a subministración a unha vivenda, por pobreza enerxética, co bono social eléctrico. Todas estas cuestións, e moitas máis, son consecuencia da intervención activa da sociedade civil ante os poderes do Estado. Todo é posible se hai vontade política e esta materialízase se existe un compromiso da sociedade para defender, estender e garantir os seus dereitos básicos, aos que teñen dereito por Xustiza Social.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...