Servizos Sociais de Boiro tramitou 26 novas altas no servizo de teleasistencia en 2022

24 Febreiro 2023


O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro fixo balance das novas incorporacións locais ao servizo de teleasistencia da Deputación da Coruña durante o ano 2022. Segundo fixo saber a área que dirixe o concelleiro Raúl Treus, en Boiro contabilizáronse 26 novas altas no dito servizo no devandito período. Polo tanto, este programa provincial superou xa o medio cento de usuarios activos no concello, “converténdose nunha ferramenta útil, sinxela e áxil para dar apoio a persoas maiores e ás súas familias”, explicou o concelleiro.

Este programa de teleasistencia está baseado na entrega dun colar-avisador para empregar en casos de emerxencia e dun seguimento activo de chamadas telefónicas. A maiores deste servizo, dende o ano 2022 púxose tamén a disposición das persoas usuarias que así o demanden un reloxo-GPS.

A teleasistencia é un programa da Deputación da Coruña que ofrece a posibilidade de exercer un seguimento activo aos nosos maiores. “As familias agradecen infinitamente a tranquilidade que lle aporta este servizo ao saber que os maiores estarán atendidos en todo momento en caso dunha emerxencia”, sinalou o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus.

Todas aquelas persoas interesadas en darse de alta ou pedir máis información sobre o servizo poden facelo no departamento de Servizos Sociais ou mediante o enderezo electrónico s.sociais@boiro.org

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.