Santiago edita dous textos de Victoriano García Martí nos que converte a Rosalía en guía turística da cidade

08 Febreiro 2023

O Concello de Santiago editou este mes de febreiro o libro Un paseo singular por Compostela, que recolle dous textos do escritor e xornalista pobrense Victoriano García Martí, nos que converte a Rosalía de Castro en guía turística da cidade. A publicación foi dada a coñecer pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada pola autora, Arantxa Fuentes Ríos, profesora da Facultade de Filoloxía da USC.

O libro, publicado en castelán e en galego, vén cunha tirada de 1.000 exemplares. A guía inclúe unha breve biografía de García Martí e o trazado dos correspondentes roteiros pola Compostela monumental. “Con esta obra, dunhas 40 páxinas, continuamos recoñecendo a figura de Victoriano García Martí, humanista, escritor e defensor de Galicia, ao que xa homenaxeamos hai algo máis dun ano, o 22 de xaneiro de 2022, cando colocamos unha placa, lembrándoo, na casa na que viviu, aquí en Santigo de Compostela”, indicou a concelleira de Acción Cultural.

Nas páxinas “unifícanse a querenza que García Martí profesou pola cidade de Santiago de Compostela, á que adicou numerosos ensaios e artigos, coa que profesou pola figura rosaliana”, sinalou citando o texto de Arantxa Ríos.

Mercedes Rosón animou a toda a veciñanza de Compostela a percorrer estes dous roteiros, que se suman “aos numerosos paseos que nos ofrece Santiago: literarios, feministas, artísticos, etc., que xa presentamos, aquí, noutras ocasións”.

Da obra fíxose unha edición de cincocentos exemplares en galego e outros tantos en castelán, que están dispoñíbeis na oficina de Turismo de Santiago e na Zona C, na praza de Cervantes. A edición desta obra únese a outras accións e actividades programadas pola concellaría de Acción Cultural con motivo do día de Rosalía de Castro, que se celebra o 23 de febreiro, e que se presentarán en datas vindeiras.

A autora agradeceu a colaboración do Concello na publicación e salientou que esta obra “é un paso máis aló no rescate da figura de García Martí, esquecida durante anos”.

Da publicación, Arantxa Fuentes destacou o texto no que García Martí, “colle literalmente a figura de Rosalía de Castro e ficcionalízaa, converténdoa nunha guía turística. Unha proposta turística de homenaxe á escritora e de difusión dos seus versos, moi moderna para a época”.

A autora

Arantxa Fuentes Ríos é profesora na Universidade de Santiago de Compostela e especialista en Literatura comparada e Teoría da Literatura. A raíz do seu labor investigador rescatou do esquecemento a figura de Victoriano García Martí, do que publicou diversos traballos científicos. Destaca o libro Por los caminos del siglo XX. Obra periodística olvidada (1914-1963) de Victoriano García Martí, publicado por Alvarellos e o Consorcio de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...