Ribeira recibe a Bandeira Sendeiro Azul para o paseo costeiro entre Coroso e Río Azor

24 Febreiro 2023

A primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira, María Sampedro Fernández, recibiu na mañá deste venres 24 de febreiro, en Santiago de Compostela, a Bandeira Sendeiro Azul. O Concello foi obxecto desta distinción por segundo ano consecutivo. O distintivo lucirá na senda litoral que une as praias de Coroso e Río Azor.

A cerimonia de entrega, celebrada na Cidade da Cultura, contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; e con José Palacios como presidente da Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), a entidade que promove esta distinción dirixida a “premiar e visualizar a recuperación e posta en valor de itinerarios de todo o territorio nacional, transformados en valiosos recursos para a interpretación ambiental e o goce da natureza, servindo como lugares ideais para a sensibilización ambiental, entendida esta como unha ferramenta que contribúe ao cambio social”.

Respecto da distinción achegada ao paseo entre Coroso e Río Azor, considerouse que “acredita valores orientados á conservación do medio natural” e “á promoción de hábitos saudábeis, especialmente tras a realización de actuacións como o da recuperación da zona de servidume entre os areais de Coroso e Río Azor a través da creación dun sendeiro peonil, que permiten desfrutar dun entorno privilexiado no que se erixen puntos como as illas de Rúa e dos Ratos na ría de Arousa ou que posúe elementos de gran valor patrimonial como unha antiga fábrica de salgadura no remate de Coroso”.

A de Ribeira será a única Bandeira Sendeiro Azul que ondee na comarca do Barbanza. Na provincia, tamén reciben tal distinción outros seis itinerarios das localidades da Coruña, A Laracha, Arteixo, Camariñas, Carballo e Oleiros. En toda a xeografía estatal concedéronse 104 enseñas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.