O vindeiro venres 24 de febreiro, celebrarase en Rianxo o Día de Rosalía de Castro.
Ás 18.00 horas, diante da escultura adicada á ilustre galega, que se atopa localizado no Paseo da Ribeira (zona da Praza de Padrón) realizarase un acto na súa lembranza.
O acto consistirá nun recital poético aberto á veciñanza, ás entidades asociativas, ao alumnado dos centros educativos, ao alumnado da aula sociocultural e teatro e a escritores de Rianxo.
O programa inclúe intervencións musicais que acompañen as actividades de homenaxe.




