Rematan na Pobra os talleres contra o acoso escolar dirixidos aos centros da Primaria

13 Febreiro 2023

Alumnado dos CEP Pilar Maestú Sierra e Salustiano Rey Eiras recibiu nestes días as últimas sesións formativas contra o acoso escolar impartidas por unha educadora social de Exeria.

A concelleira da Educación da Pobra do Caramiñal, Genoveva Hermo (Nós Pobra), incidiu na importancia destes obradoiros postos en marcha co inicio do curso escolar para abordar a detección, prevención e resolución de conflitos.

Para acadar tal fin, realizáronse distintas actividades a través das cales se busca, mediante unha metodoloxía participativa, afondar no concepto do acoso escolar, as súas características, os métodos preventivos ou de actuación, ademais de termos como a empatía ou a autoestima.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.