Preto dunha trintena de centros escolares da nosa comarca participaron nas finais intercomarcais de campo a través de XOGADE

16 Febreiro 2023

O Estadio Municipal Julio Mato “Matito” (Noia), acolleu este mércores 15 de febreiro as finais intercomarcais de campo a través escolar do programa XOGADE, da Xunta de Galicia; na que participaron 28 centros escolares da zona de Ribeira, Noia, Porto do Son e Cee. Un total de 650 participantes, entre benxamíns, alevíns, infantís e cadetes. Os clasificados nas probas deste mércores irán á competición provincial onde se enfrontará aos da zona de Ferrol, Santiago e A Coruña.

A proba foi organizada polo Atletismo Barbanza.

Como novidade, o campionato dividiuse en dous torneos: un para os escolares e outro para os integrantes dos clubs. Barbanza clasificou a dez equipos de seis centros diferentes.

XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), para quen non o saiba, é unha campaña lúdico-deportiva promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma.

Este programa vai dirixido a todos os escolares galegos, polo que poderán inscribirse se o desexan, os centros de ensino, as ANPA, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións, etc. pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.