Pontón presenta a Amparo Cerecedo como a candidata para as municipais de A Pobra l

05 Febreiro 2023

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou no acto de presentación de Amparo Cerecedo como candidata á Alcaldía da Pobra do Caramiñal, onde amosou o seu convencemento de que o BNG vai ter un resultado histórico nas eleccións municipais do 28 de maio e que, liderando o goberno local, vai abrir un tempo novo de futuro no concello.

“Non teño ningunha dúbida de que o BNG vai ter un resultado histórico na Pobra, que vai ser o motor do cambio real e que Amparo vai liderar o próximo Goberno municipal para darlle un futuro mellor a este gran concello”, proclamou, tras destacar o gran traballo realizado pola formación nacionalista desde o Executivo local a través das súas áreas de responsabilidade.

“En pouco máis de dous anos o BNG fixo da Pobra un concello máis social, máis solidario, máis inclusivo, máis participativo e con máis benestar social. Co traballo de Xabier e de Amparo demostramos a nosa capacidade de xestión, de transformación en positivo, a nosa capacidade de mellorar a vida das persoas, como facemos en todos os concellos nos que gobernamos”, argumentou a líder nacionalista, quen ve nesa eficiente xestión do Bloque a mellor carta de presentación ante a veciñanza de cara á cita electoral.

“Que mellor aval que ese traballo ben feito a favor dos veciños e das veciñas para presentarnos o próximo 28M e pedirlles o seu apoio? Por iso, non teño ningunha dúbida de que o BNG vai ter un resultado histórico na Pobra do Caramiñal e que Amparo vai ser a próxima alcaldesa para darlle un futuro mellor a este gran concello”, resalto, “non nós poñamos límites, saiamos a por todas para ganar un futuro mellor para A Pobra”.

Pontón destacou todo o potencial dun concello “extraordinario”, con sectores produtivos puxantes como o mar-industria; cun patrimonio natural e paisaxístico que lle permite desenvolver un turismo responsable e de calidade; cun tecido económico local que pode dar moito máis. “A Pobra precisa un goberno liderado por unha persoa con ideas e cun proxecto claro para facelo avanzar. Esa persoa e Amparo Cerecedo e ese proxecto político é o que representa o BNG a favor da Pobra e a favor de Galiza”.

En pouco máis de dous anos, o Bloque deixou claro do que é capaz con propostas que fixeron da Pobra un concello mellor, resaltou, citando como exemplos algunhas das actuacións impulsadas: fomentando a igualdade, axudando ás persoas e ás familias con menos recursos nun momento de crise; con programas para a infancia e a mocidade; promovendo a participación veciñal; fomentando a accesibilidade e unha mobilidade segura ou apostando pola inclusión social efectiva.

Defensa dos servizos públicos

Pontón destacou especialmente a defensa que o BNG fai dos servizos públicos, moi en particular da sanidade, “e aí está todo o traballo, man a man coa deputada da comarca Rosana Pérez, que como sabedes non pode estar máis implicada coa Pobra, para mellorar a atención sanitaria da veciñanza, tanto no centro de saúde como no hospital do Barbanza”.

Ademais de traballar por un concello máis social e inclusivo, o BNG tamén fixo un gran labor de impulso do tecido económico local e creación de emprego, apostando pola inserción laboral; con propostas innovadoras no sector conserveiro; reclamando un plan de saneamento integral das rías ou defendendo que se mellore o transporte público e as instalacións portuarias estratéxicas.

Inconformismo para seguir avanzando

“O BNG fixo da Pobra un concello máis social, máis inclusivo, con máis servizos, con máis dereitos e con máis benestar. Pero hai que seguir avanzando, non nos conformamos, queremos que A Pobra desenvolva todo o seu potencial, que sexa o gran concello que pode ser”, destacou a portavoz nacional, convencida de que esas ganas de avanzar son compartidas pola maioría da veciñanza.

“Sei que este é un desexo que comparte a maioría dos veciños e das veciñas, por iso, estou segura que o BNG vai ter un resultado histórico e que Amparo será unha gran alcaldesa ao servizo da xente, capaz de abrir un tempo novo na Pobra, un tempo de progreso no económico e no social, con máis servizos, un tempo de futuro no que a Pobra sexa, máis que nunca, un lugar para vivir e para traballar”, proclamou.

Momento de retos ante a crise

Na súa intervención, Pontón tamén fixo referencia ao contexto complexo, no medio dunha crise de prezos que soben máis en Galiza, pese a ter salarios por debaixo da media e as segundas pensións máis baixas de todo o Estado. Por iso, o Bloque vai seguir presentando alternativas viábeis para unha saída galega e xusta a esta crise, como a defensa dos servizos públicos, particularmente a sanidade.

“Porque, fronte ao PP que leva trece anos de recortes e privatizacións, o BNG defende a sanidade pública, porque temos dereito á saúde con independencia dos cartos que teñas na conta corrente. Por iso, o próximo 12 de febreiro, todos e todas en Santiago, para defender unha sanidade pública libre de recortes e privatizacións, porque coa saúde non se xoga”, subliñou.

Alternativas xustas, porque fronte ao espolio eólico que promove o PP para que as eléctricas se sigan forrando, o BNG defende a tarifa eléctrica galega para abaratar a factura da luz as familias e as empresas, que para algo estamos nun país rico en electricidade.

Alternativas sociais e xustas, afondou, tamén ante a subida das hipotecas. 175.000 familias teñen unha hipoteca que sobe de media 250€, mentres a banca ten beneficios obscenos. O BNG propón un plan de rescate hipotecario pagado pola banca para axudar as familias hipotecadas con menos ingresos. “Se se pudo gastar 90.000 M€ no rescate bancario por que non ás familias?”, interpelou.

“Galiza precisa un cambio de rumbo e estou segura de que neste 2023 imos dar importantes pasos adiante para conseguilo, imos seguir traballando con rigor, con humildade sabendo que somos a esperanza de moitos galegos e galegas para construír esa outra Galiza posible, concello a concello. Imos facer historia na Pobra e despois imos facer historia en Galiza!”, concluíu.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...