“Pedir aos demáis o que tí negas aos teus”. Antón Luaces

11 Febreiro 2023

Máis dun milleiro de mariñeiros e 73 embarcacións afectadas é o panorama que deixa en Galicia a decisión comunitaria de reducir nun 78% a cota de xurelo no caladoiro Cantábrico Noroeste. Diante desta situación creada polos organismos europeos a Consellería do Mar da Xunta pediu ao Goberno central unha solución global e uniforme para a frota do cerco do Cantábrico ante esa limitación da cota de xurelo para este ano.

A situación ten unha vital importancia  para moitas familias galegas e lembra a vivida durante os anos 2015 e 2016, cando os cerqueiros estiveron tres meses acampados  nos xardíns de San Caetano, en  Santiago en dermanda dunha saída que, nesta ocasión de 2023, a consellería ten nas súas mans: cumprir o acordo do 27 de xaneiro da Comisión de Pesca e implementar axudas económicas para o sector. Pero non vai por ahí a solución que baralla a Xunta, que opta por pedir ao Goberno central esa saída global que difícilmente vai ser aplicada por canto Galicia pon riba da mesa a solución para esas 73 embarcación, mentras Cantabria, País Basco e Asturias non chegan á vintena.

Son as comunidade autónomas as que deben aportar solucións. Xa llo dixeron vai sete anos os cerqueiros que aguantaron 90 días nas carpas instaladas diante da sede da Xunta. Daquela eran a práctica totalidade dos tripulantes da frota Cerqueira, que empregaban argumentos como a evidencia de que había xurelo; mais nesta oportunidade non o hai porque boa parte daquela frota esta vez mantense ao marxe sabedores os seus mariñeiros de que moitos dos seus compañeiros superaron con moito os topes de captura establecidos e que hoxendía non se poden queixar porque mentres eles pescaban outros compañeiros pasaban lambendo. Agora, fame para todos porque o xurelo toca a rebato e os cerqueiros pequenos, incapaces polas súas recurtadas condicións de alonxarse do seu porto base, vense na obriga de permanecer amarrados agardando a miragosa aparición da xarda e a sardiña para quitar as arañeiras dos aparellos de pesca.

Non hai a unidade de acción que existía en 2025-2016: os cerqueiros con capacidade de se achegar ás augas de Eukadi xa comezaromn a procesión marítima e renuncian a ese puñado de euros, que son pan para hoxe e fame para mañá. Aló esperan solucións que aquí, nen por miragre,  se van dar. Quitando, obviamente, que dos orzamentos da Comunidade Autónoma saian as axudas que o Executivo galego reclama a Madrid, capital de moito ruido ambiental, máxime en tempo de eleccións.-

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...