“Os langostinos de Harvard”. Olegario Sampedro

04 Febreiro 2023

Tan pronto como os primeiros raios de sol se manifestan con forza, co mesmo pulo e alegría comezamos as persoas a conmemorar, festexar e procesionar. Calquera motivo é válido para amorearse e rexoubar. Con independencia da filia que cada un de nós teña por este tipo de coincidencias acordadas, as festas son un escenario idóneo para desenvolver aspectos valiosos e imprescindibles para o ser humano. Así, os expertos falan de vantaxes tales como o fortalecemento da identidade, o gregarismo ordenado ou o desenvolvemento cognitivo; en definitiva, do bulicio e das xoldas tamén emanan beneficios.

Así mesmo, as celebracións son un territorio idóneo para que afloren as diferenzas interpersoais, as  discusións e as liortas. Non obstante, sendo habilidosos, podemos convertelas nunha magnífica oportunidade para intentar ampliar  e mellorar o noso catálogo de habilidades para a resolución pacífica de conflitos. Nietzsche, Freud e mesmo as máis prestixiosas correntes da psicoloxía social aplicada trataron insistentemente de xerar modelos eficaces para o manexo conflitual, sendo o Modelo Tradicional-lineal da Universidade de Harvard un dos máis recoñecidos e aclamados.

Recoñezo a miña profunda admiración polos pensadores clásicos, pero tamén admito unha irredenta paixón polos filósofos de supermercado. Así, recordo perfectamente o razoamento dunha señora na sección de conxelados. Explicaba contenta e fachendosa a chegada da súa ampla familia para pasar as festas patronais «Pois si, xa os teño a todos na casa: as fillas, os xenros, os netos…”. Parou un intre, suspirou fondo e continuou:  “pero bueno, enseghida empesan os fusiños, empesan os selos… empesa a cona!». Dubidou un instante e,  decidida, colleu unha segunda caixa de langostinos tigre, dos máis grandes.

          Intelixencia, empirismo e sabedoría en estado puro. Que tomen nota os de Harvard!

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...