Os días 25 e 26 celébrase na Casa da Cultura de Boiro o XVI Encontro Arqueolóxico do Barbanza

01 Febreiro 2023

O Concello de Boiro, a través da concelleira María Outeiral, presentou este 1 de febreiro, no Consistorio, os detalles do XVI Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza. Segundo fixo saber a edil, celebrarase os días 25 e 26 de febreiro na Casa da Cultura. O obxectivo deste evento, posto en marcha en 2007, será novamente “trasladar ao público os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza nos que se presta especial atención ao arte rupestre e ás investigacións recentes doutras partes de Galicia”.

Segundo explicou a concelleira, “estamos moi contentos de presentar unha nova edición do Encontro Arqueolóxico, as xornadas arqueolóxicas máis lonxevas da comarca e que se realizan de forma ininterrompida, na que contaremos con convidados excepcionais que nos mostran as súas investigacións e nos fan partícipes do seu coñecemento”, afirmou María Outeiral.

As inscricións ás xornadas están xa abertas e poden facerse na web do Centro Arqueolóxico do Barbanza ata o 15 de febreiro.

As reservas para participar poden realizarse de maneira libre e de xeito gratuíto ou en modalidade certificada para estudantes da USC, do programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte (USC) ou persoal docente dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Programa de actividades

Sábado 25 de febreiro de 2023

9.00 – 10.30h: Acreditacións e entrega de documentación

10.30 – 11.00h: Acto de apertura

11.00 – 12.15h: Orce. ¿Quienes somos? ¿De donde venimos? – Juan Manuel Jiménez Arenas.

12.15 – 12.45h: Descanso

12.45 – 14.00h: Bioarequeología: paleodieta y movilidad de poblacionnes prehistóricas – Marta Díaz-Zorita Bonilla e Javier Escudero Carrillo.

17.00h – 17.45h: Talasonimia. Nomear o mar como estratexia de dominio do medio – Xosé Lois Vilar Pedreira.

17.45 – 18.30h: Estudios espacial y tecnológico de los grabados rupestres localizados en el sur de la provincia de Lugo – Begoña González Aguiar.

18.30 – 19.00h: Descaso

19.00 – 19.45h: E ti que miras? Atención visual e tecnoloxía paleolítica – María Silva Lago.

19.45 – 20.30h: Proxecto Colón galego 2022: As intervencións arqueolóxicas en Poio e Sobrán – Mateo Fontán Couto e Antonio Castro Rozados.

Domingo 28 de febreiro de 2023

10.00 – 11.15h: El difícil arte de divulgar la prehistoria – Ignacio Martín Lerma.

11.15 – 12.30h: O Neolítico e o Calcolitico de Tras-os-Montes e Alto Douro. Linhas de força e reflexoes sobre a multipolaridade; densificaçao das paisagens sociais – María de Jesús Sanches

12.30 – 12.45h: Descanso

12.45 – 14.00h: Cocinando durante el neolítico – Miriam Cubas Morera

14.00 – 14.15h: Clausura da edición

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.