O sonense Jose Manuel Sánchez Sande presentou na súa terra o seu primeiro poemario

28 Febreiro 2023

A finde pasada a Casa da Cultura de Porto do Son acolleu a presentación de Ondas de soños, poemario breve (88 páxinas) do escritor local José Manuel Sánchez Sanda, publicada por Círculo Rojo.

A obra sitúanos no ano 1996, en Porto do Son, e ponnos na pel do propio escritor, no tempo da súa adolescencia, cando era un rapaz con milleiros de inquedanzas que comeza a plasmar nun caderno os seus soños, os seus logros, os amores e desamores, así como as historias do mar que acontecen na súa vila mariñeira. O resultado é un libro que é unha viaxe no tempo, unha viaxe de sentimentos, compromiso social e moi especialmente cariño e tenrura.

Breve biografía

José Manuel Sánchez Sande (Porto do Son, 1982) é escritor vocacional. A pesar de levar dende os 14 anos escribindo poesía, non é ate un tempo despois cando decide cumprir un dos seus maiores soños: publicar as poesías que durante tantos anos foi escribindo. Finalmente, debuta no 2022 coa súa primeira obra de poesía, Ondas de soños.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...