O PSdeG reclama á Xunta “solucións de consenso” no problema da extracción da mexilla que axuden á convicencia entre sectores

28 Febreiro 2023

O vicevoceiro do Grupo Socialista de sanidade do PSdeG, Julio Torrado, reclamou este martes na comparecencia do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica que o goberno galego aplique “solucións de consenso” para o problema da extracción da mexilla que axuden á convivencia entre os sectores.

O representante socialista criticou a xestión do goberno galego cos sectores da extracción da mexilla e o percebe, acusando de novo ao executivo de “crear un conflito onde sempre houbo convivencia”, a través da “imposición” e ocultar información en vez de buscar “consenso” no sector.
Expuxo que a Xunta limitou a extracción da mexilla co obxectivo de protexer á extracción do percebe, aínda que non hai nada que acredite esta incompatibilidade. Os datos amosan que dende que se limitou a extracción da mexilla, a produción de percebe non só non aumentou, senón que descendeu ata un 22% na Coruña e en Pontevedra, e case un 30% en Lugo, onde xa antes non se podía recoller mexilla, en definitiva entende que é “un problema complexo que só lograron agravar”, alegou.
En total, resaltou que se perderon entre oito e dez millóns de euros no sector da mexilla, cando nunca houbo este problema de convivencia da extracción das dúas especies. Denuncia que isto tamén leva a unha perda da calidade do mexillón, que afectará no futuro tamén á mexilla.
Torrado entende que a Xunta creou “un problema que non existía para confrontar a sectores” coa intención de resolvelo ao seu favor, pero que agora o mesmo executivo deuse de conta de que
“fóiselle das mans” a situación. É por isto que cre que o goberno galego ten “mala conciencia” polo conflito que xeraron e agora tentan aparentar que aportan solucións.
O balace que se fai desta situación por parte dos socialistas é que hai “un goberno que non entrega información, que crea un conflito onde non o había, que pon en risco o modo de vida dun sector e que xera un problema de produción”. “Cos datos na man, non se resolveu ningún dos problemas e agravouse a dispoñibilidade da mexilla”, sinalou Torrado.
Criticou que chegouse a tal punto que dende o propio sector bateeiro puxeron en tela de xuízo a lexitimidade do propio director xeral como interlocutor válido para solucionar o problema, algo que
resalta como “preocupante” Torrado, pero que non comparte xa que é “este goberno o responsable de aportar as solucións”.
Ante as acusacións do director xeral de Pesca, subliñou que a preocupación do goberno non debe ser moita cando este problema está sobre a mesa dende hai xa tres anos, pero “aínda comparecen agora”. Sumado isto a unha “falta de transparencia á oposición”, sendo o último informe do que dispoñen do ano 2011, de “máis dunha década” polo que dubida que poda representar ben a conxuntura actual.

Outros artigos

A OPP83 celebra este venres a III Xornada de Pesca de Ribeira

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía organiza este venres 20 de setembro unha nova edición da súa Xornada de Pesca de Ribeira e faino coa finalidade de “tratar temáticas de gran interese para o sector pesqueiro”. A cita desenvolverase entre as 10.00 horas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...