O programa de inmersión lingüística 21 días co galego e + incrementou a súa participación nun 20%

13 Febreiro 2023

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron este luns 12 de febreiro na clausura do programa de dinamización lingüística 21 días co galego e +, iniciativa impulsada pola Xunta (con orixe na experiencia da profesora Pilar Ponte no IES da Pobra do Caramiñal, agora extrapolada a máis centros grazas á implicación de Política Lingüística) que nesta súa quinta edición mobilizou 12 centros educativos, uns 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e 4.078 estudantes de 10 a 18 anos, xunto coas súas respectivas familias. A clausura formalizouse no IES Aquis Celenis (Caldas de Reis).

Valentín García destacou que esta quinta edición “foi a máis numerosa das realizadas ata o de agora”, pois alcanzou un 20% máis de participación ca a anterior, “o cal”, dixo, “revela nun aumento do interese por parte dos centros e do seu profesorado nesta iniciativa que promove o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, levando o galego a fogares onde non adoitaba usarse e apoiando o alumnado que xa era galegofalante”. Neste contexto, Valentín García quixo “agradecerlle a todo o profesorado, aos equipos de dinamización da lingua galega e ao alumnado implicado todo o agarimo posto no traballo realizado”.

No acto tamén participaron Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas de Reis; Fernando Pérez, deputado autonómico por Caldas de Reis; a devandita profesora Pilar Ponte (IES da Pobra do Caramiñal), coordinadora xeral do programa; e Juan Manuel Campos e mais Manuel Rosales, directores do CPI Plurilingüe Alfonso VII e do IES Aquis Celenis, respectivamente. Ademais, o acto estivo amenizado por unha pequena intervención do alumnado destes centros de Caldas, participantes ambos os dous nesta quinta edición do programa.

Coa clausura desta fase, o programa entra na súa terceira etapa, que incluirá por primeira vez o I Encontro 21 días co galego e +, unha xornada de confraternidade que xuntará a todos os centros participantes na Cidade da Cultura a tarde do 28 de febreiro para intercambiar experiencias e amosar a súa creatividade.

Impacto nas redes sociais

Baixo o lema Falando para un mundo mellor, que motiva a rapazada a medrar no uso do galego, o alumnado do último ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e FP comprometeuse a falar en galego as 24 horas do día entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro, tanto dentro como fóra do centro.

Disto quedou constancia no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se compartiron as creacións dos centros participantes, así como tamén nas contas de Facebook, TikTok, Instagram e Twitter, que un ano máis gozaron de grande alcance tendo en conta que se trata dunha actividade educativa restrinxida a un número limitado de centros e que só dura 21 días, 105 en total ao acumular as cinco edicións.

Así, a canle de Youtube, que suma xa máis de 400 vídeos publicados ao longo destes anos, acumula máis de 95.000 reproducións cun total de máis de 3.400 horas de visualización e 209 contas subscritoras. Ademais, o secretario xeral Valentín García salientou que “todo o alumnado participante conéctase colectivamente na súa aula a través dunha única conexión, de maneira que o número de visualizacións non reflicte o número de persoas que ve cada día o vídeo, que é moito maior”.

Programa en continua expansión

Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inicialmente o desenvolveu en catro centros educativos, un por cada unha das provincias galegas.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...