O POS+ de Ribeira incluirá 13 actuacións, gasto corrente e redución de débeda

03 Febreiro 2023

A última hora da mañá de hoxe tivo lugar na Casa do Concello unha xunta de voceiros para
abordar as actuacións a incluír no Plan Provincial de Obras e Servizos (POS+) e na que dende o Grupo de Goberno se lle trasladou aos grupos unha proposta formada por trece obras, ademais de senllos importes para gasto corrente e redución de débeda, ata sumar unha contía total de 133.8017,27 euros.
Así, na relación de obras inclúense tanto iniciativas demandadas pola veciñanza (hai que recordar que con este motivo lanzouse o mes pasado unha enquisa online con 234 suxestións), como acordos
aprobados en pleno e propostas propostas polos diferentes grupos.
Está previsto que o vindeiro xoves 9 de febreiro, ás 13.30 horas, teña lugar un pleno extraordinario para debater o Plan.
Así, o POS principal estaría conformado polas seguintes actuacións:
 Pavimentación e pluviais na travesía dos Pozos (Corrubedo).
 Cuberta téxtil do parque infantil de Abesadas
 Pavimentación da calzada da rúa Francisco Lorenzo Mariño (Aguiño)
 Renovación da liña de abastecemento na rúa Barreiro (Palmeira)
 Pavimentación do contorno da Igrexa Parroquial de Artes
 Pavimentación da rúa dos Curros (Castiñeiras)
 Saneamento no lugar de Espiñeirido (Olveira)
 Vestiarios do Campo de Fútbol de Oleiros.
E no que se refire ao POS complementario:
 Pavimentación, pluviais e abastecemento na rúa da Capela (Carreira).
 Pavimentación, saneamento e pluviais na rúa Portugal
 Renovación da praza dos Estudantes
 Saneamento e abastecemento en Lixó (Palmeira)
 Ampliación de saneamento na rúa Buenos Aires (Corrubedo).

Ademais, destínanse 9.544 euros a redución de débeda e, por primeira vez, outros 419.687,74 euros a gasto corrente, neste caso para paliar as eivas derivadas de que o Concello estea funcionando
cos orzamentos prorrogados dende o 2021 tras non saír adiante os do 2022.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...