O Parque Natural de Corrubedo acolle traballos para repoboalo cunha especie de planta ameazada

25 Febreiro 2023

A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaboran nun proxecto que ten como finalidade a repoboación da especie ameazada Iberodes Littoralis no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, unha zona na “que historicamente estivo presente”, segundo explicaron as dúas entidades, engadindo que o último rexistro que se tiña da planta neste espazo natural “databa do ano 2007, cando foran localizados pouco máis de 120 individuos”.

O proceso de recuperación comezou o ano pasado e consistiu nunha inspección intensiva ao longo de todo o sistema dunar para confirmar que aínda quedaban exemplares na zona.

Nun primeiro momento, aínda que a prospección tivo lugar no seu período de floración (abril e maio), non se atopou ningunha mostra da planta, segundo confirmou o equipo de investigación, que, ante a ausencia de Iberodes Littoralis (recollida no Catálogo galego de especies ameazadas como Omphalodes littoralis subsp. Gallaecica) nun hábitat propicio para o seu desenvolvemento, procedeu á recollida de sementes da especie en Porto do Son para poder iniciar a súa restauración en Corrubedo.

Deste xeito, durante o mes de maio do ano pasado recolléronse unhas 2000 sementes procedentes da praia de Basoñas. Unha vez foron analizadas e tratadas, almacenáronse no Banco de Xermoplasma da USC ata o momento de reintrodución.

Para comezar a repoboación, dividiuse a zona nun total de 20 parcelas de 3 metros cadrados. Seleccionáronse as áreas mellor estruturadas, con máis recursos para a especie e con maior idoneidade de hábitat, segundo determinaron os estudos previos. Por último, iniciouse a fase de reinserción da planta. A totalidade das sementes foron plantadas polo equipo da USC encargado do proxecto entre o 7 e o 14 de outubro, co apoio sobre o terreo de persoal da Consellería asignado ao Parque Natural.

Despois, o labor baseouse en visitas das parcelas sementadas para comprobar o índice de xerminación. A análise determinou que, en todas elas, oscilaba entre o 27,03% e o 30,19% con independencia da zona da que foran extraídas ou do tamaño das sementes.

Esta acción, c-ofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) con máis de 17.000 euros, reflicte o compromiso da Xunta de Galicia co mantemento, respecto e preservación do patrimonio natural. Grazas a ela, búscase asegurar a preservación desta especie vexetal incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas a través da súa recuperación nunha das zonas da Comunidade na que historicamente estivo presente.

A tal e fin e para comprobar que o sistema empregado funciona, nos vindeiros meses está previsto facer un seguimento das zonas do Parque Natural de Corrubedo nas que levou a cabo o proceso de reintrodución da especie para verificar sobre o terreo a evolución dos individuos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...