“O martes saberemos que proxecta o Goberno para o futuro da enerxía eólica mariña que rexeita o sector pesqueiro galego”. Antón Luaces

27 Febreiro 2023

A fachada noroeste da península Ibérica ten unha extensión litoral de 2.560 quilómetros. Aquí faenan a cotío máis de 4.500 barcos de pesca, cuxo labor pode verse moi afectado pola instalación antes de 2030 dun cinto de aeroxeradores eólicos mariños que se vertebran en oito polígonos a establecer desde as Rías Baixas ata Xixón, con macroproxectos que rexeitan a totalidade de confrarías de pescadores de Galicia a Euskadi: A demarcación mariña noratlántica ou, o que é o mesmo, a totalidade da superficie mariña que abrangue desde a fronteira de Galicia con Portugal, no río Miño, ata Euskadi. Ao sur desta zona hai unha liña de continuidade que ér a que segue Portugal nun proceso máis cobizoso que aquel que España proxecta na súa primeira fase deseñada.

Este vai ser o gran protagonista do Consello de Ministros a celebrar o vindeiro martes, por canto o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico vai presentar un documento que estabelece as zonas  que poderán ser explotadas nas costas españolas para a produción de enerxía eólica mariña, Este documento contempla a construción de límite no mar, ata o de agora considerado como un espazo aberto.

O mapa significativo constata constata o grao de implicación do mesmo para o sector pesqueiro, as empresas enerxéticas, sociedades científicas e organizacións ecoloxistas, caladoiros de pesca, marxes empresariais para a produción de enerxía, intereses militares e mesmo a conservación da diversidade biolóxica como eixos do debate.

O proxecto dado a coñecer por España desde o comezo desta etapa eólica non vai esperimentar, probablemente, cambios importantes, pero sí se ampliarán ao menos catro plataformas de aeroxeradores mariños: a suratlántica, a do Estreito e Alborán, a Levantino-Balear e a Canaria.

Todo isto, tendo en conta que o sector pesqueiro do caladoiro Cantábrico-Noroeste denuncia agravios para as capturas a realizar polas súas frotas e as confrarías preséntanse unidas nunha plataforma que tenta ser unha fronte común coa que defender oa seus intereses. Unha asociación transversal como nunca na historia recente se ten feito e que conta co apoio de sociedades científicas e organizacións ecoloxistas. Os pescadores loitan coa idea de protexer un sector que na maior parte de Galicia pode acadar a ser ata dun 30/ do Produto Interior Bruto (PIB).

Científicos e ecoloxistas optan pola preservación de espazos fundamentais para a biodiversidade, mentres que o Ministerio para a Transición Ecolóxica da a entender que non se vai eliminar ningún dos oito polígonos previstos (se ben algñuns reduce a súa superficie): NOR-1, NOR-2, NOR-3. NOR-4 e NOR-5, todos eles no Atlántico e o Cantábrico., afectando sensiblemente a Galicia, onde algunhas zonas, especialmente a NOR-2, figura unha área recoñecida  como de “alto potencial de conservación de biodiversidade” (en augas de responsabilidade nacional e autonómica galega) e a NOR-7 e NOR-8 (fronte ás costas asturianas)  consideradas “de uso prioritario de proteción da biodiversidade”.

No ano 2030 a Folla de Ruta da Enerxía Eólica Mariña e doutras Enerxías do Mar prevé  unha produción de 3 xigavatios (GW), c ase a mesma potencia  xa instalada nos montes galegos.

O polígono NOR-1, situado a pouco máis de 20 quilómetros da desembocadura do río Miño e o máis perto do Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas, afecta á pesca de enmalle, arrastre  e palangre ao suroeste  das Illas Cíes. Estas artes veríanse comprometidas e reducirían a algo menos da metade os 593,69 quilómetros cadrados inicialmente previstos. O NOR-2, ao norte de Ferrol, tiña estimada inicialmente unha superficie de 2.361,89 quiilómetros cadrados (aproximadamente 264.432 c ampos de fútbol xuntos, ou case que as terceira parte da provincia da Coruña, unha das zonas do Estado que máis vento rexistra e un dos puntos clave da migración de aves uuropeas). Tampouco reducirá  o seu tamaño o NOR-4, situado fronte á Estaca de Bares, concello coruñés de Mañón.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.