O Entroido de Ribeira recupera este ano o esplendor previo á COVID

10 Febreiro 2023

A concelleira de Cultura de Ribeira, María Sampedro, presentou este venres 10 de febreiro o programa de actividades locais de Entroido, unha axenda festiva na que volve brillar a tradición carnaveleira anterior a COVID e na que se recuperan as propostas estrela do Entroido ribeirense anteriores á crise pandémica e ao confinamento. Será unha axenda longa no tempo, que abrangue as xornadas comprendidas entre o venres 17 e o 26 de febreiro.

Así, María Sampedro avanzou que “un dos pratos fortes da programación” será o Festival de Murgas, Comparsas e Carrozas que repartirá 6.000 € entre premios e gratificacións e que ademais este ano trae novidades xa que se organizará en dous días.

O sábado 18 de febreiro será a quenda da sección infantil, cun desfile de murgas e comparsas cos máis pequenos como protagonistas que sairá do auditorio acompañado da música da charanga O Santiaguiño e rematará coas actuacións na carpa que instalaremos na explanada do porto, e o domingo 19 será a quenda do concurso de adultos con murgas, comparsas e tamén carrozas, cun desfile pola cidade acompañados das Charangas Fanfarria Furruxa, Tíralle do Aire de Negreira e o grupo Latexo Percusión e que rematará cun festival na carpa presentado pola actriz e humorista Isabel Risco.

O sábado 18 tamén se porá en marcha, en colaboración coa asociación de hostalería de Ribeira, o concurso de disfraces de Entroido no que poderán participar maiores de 18 anos na categoría individual, parellas ou grupos e no que repartiremos 1.775 € en premios. O certame desenvolverase nos bares participantes dende as oito e media da tarde ata a unha e media da madrugada, e durante toda a tarde e ata o remate do concurso contarase ademais coa animación musical das charangas. As bases completas deste concurso xa se poden consultar na páxina web do Concello de Ribeira, ribeira.gal.

María Sampedro animou aos veciños e veciñas a participar no certame, así como aos locais hostaleiros a inscribirse para que poidan ser un dos que se inclúan na ruta a realizar polos concursantes.

Xa o luns 20 haberá ao longo de toda a xornada o expreso de Entroido que percorrerá a cidade con saída da praza do Concello e pola noite a partir das 11 contaremos coa actuación musical dos Djs Mateo Abelleira, Javi Machito e Dj Chupas na carpa do Malecón.

O martes 21 ademais da música da charanga Fanfarria Furruxa pola tarde para dinamizar e animar as rúas comerciais e de hostalería, os máis pequenos serán os protagonistas cunha choqueirada infantil de 5 a oito e media da tarde no Espazo Municipal de Usos Múltiples, na que haberá animación musical, inchables, obradoiros, e desfile de disfraces con entrega de diplomas e lambonadas aos participantes.

O mércores desenvolverase outra das propostas que máis triunfan no Entroido en Ribeira como é o Enterro do Felipe; que está sendo elaborado polos usuarios do taller de carpintería da Unidade de Día da UAD. O Enterro do Felipe e o acompañamento sairá ás sete e media da tarde da zona de Capitanía Marítima para percorrer o Malecón, Concordia, rúa de Galicia, Manzanares e rematar na praza dos Mariñeiros onde terá lugar a queima con fogos de artificio. Ao remate haberá unha degustación de doces de Entroido na rúa de Portugal ou, se chove, na carpa do Entroido.

Despois destes días volverase a celebrar o Pequeno Entroido para despedir estas festa, cunha ruta de tapas o sábado 25 e o domingo 26 en colaboración coa hostalería na que os participantes entrarán nun sorteo dun agasallo sorpresa. Ademais o sábado haberá unha festa infantil no Espazo de Usos Múltiples a partir das cinco e media da tarde con música e inchábeis para os máis cativos. E o domingo toda a tarde neste mesmo lugar, celebrarase o Día da Xuventude, unha iniciativa cuxo contido darase a coñecer a mediados de febreiro.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, animou aos ribeirenses a involucrarse nesta programación que dende o Concello se pode ofrecer tras dous anos de pandemia.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.