O Concurso de Entroido do Concello de Boiro repartiu 4.600 euros en premios aos mellores disfraces e carrozas

22 Febreiro 2023

O Concello de Boiro celebrou este martes día 21 de febreiro o tradicional desfile de Entroido polo rueiro da vila e máis concurso de disfraces e carrozas con modalidades de individual/parellas, grupos e carrozas. O desfile arrincou ás 18.00 horas e percorreu a rúa Peonil ata a praza da Mancomunidade e continuou por Salvador Allende e a rúa Principal de regreso até a céntrica praza de Galicia, onde tivo lugar a entrega de premios.

En total rexistráronse 9 participantes na categoría individual/parellas, 8 na categoría grupo e 5 en carrozas.

O xurado estivo composto por María Outeiral, concelleira de Cultura; Manola Ferreirós, técnico de Cultura; Lupe Tubío, de Cáritas Boiro; e Conchi Carro, da Asociación Xilbarbeira.

Na categoría individual o primeiro premio, dotado con 300 euros, foi para Historia das dúas Marías; o segundo, con 200 euros, para Damiselas de papel; o terceiro premio, de 150 euros, foi para Bajo el mar e o cuarto premio, de 100 euros, para A charca dos ghansos.

Nos grupos o primeiro premio, de 600 euros, foi para Os mouchos saen de día; o segundo premio, de 300 euros, para Inventos locos de Sergio; o terceiro premio, de 250 euros, para As lavadoras en loita; e o cuarto premio, de 200 euros, para Os espantallos.

Na categoría de carrozas o primeiro premio, dotado dunha cantidade de 1.200 euros, foi para A casa de crochet, o segundo premio, de 800 euros, para Paraíso de África; e o terceiro premio, de 500 euros, Moulin Rouge.

O desfile estivo amenizado polo espectáculo Pyscoldelia de Troula, o grupo Latexo Percusión, e os grupos tradicionais As da Boina, A Dorniña de Abanqueiro e Nunca é Tarde. A festa rematou na Praza de Galicia con DJ Matrek e a entrega de premios por parte do xurado e o tenente de alcalde, Luis Ruíz.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.