O Concello de Ribeira mellora a súa eficiencia enerxética con case 500 luminarias novas entre Palmeira e Aguiño

13 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira, no marco da EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, vén de levar a cabo diversas actuacións dirixidas a conseguir un sistema de iluminación máis eficiente no termo municipal. En concreto, estes traballos optimizan a iluminación da franxa litoral mediante a instalación de case 500 luminarias LED entre Palmeira e Aguiño.

O obxectivo principal desta liña de actuación é, en palabras do Concello, “reducir o elevado consumo enerxético das instalacións de iluminación pública, derivado da utilización de luminarias que provocan un alto consumo, dotando ao municipio dun servizo de alumado público respectuoso co medio ambiente co que se van reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e favorecer a transición a unha economía baixa en carbono (EBC)”.

Trátase dunha medida encamiñada a crear contornas urbanas máis confortábeis e seguras que favorezan a mellora da calidade de vida da cidadanía e propicien a redución das taxas da prestación do servizo aos veciños, explicaron fontes do Concello, engadindo que con estas actuacións dótase de novos puntos de iluminación eficiente a localizacións do concello de Ribeira que carecían deste servizo.

Tamén se busca adecuar algunha das instalacións de iluminación aos requisitos e esixencias técnicas establecidos nas normativas e regulamentos de aplicación.

Actuación realizadas

Con estes traballos, o Concello suma preto de 500 luminarias eficientes de baixo consumo LED no litoral ribeirense, entre Palmeira e Aguiño (Insuela, Touro-Ameixida, parque e Castro-Catía e porto de Aguiño).

Por zonas, realizáronse as seguintes instalacións e melloras:

– Paseo de Coroso a Río Azor: 46 balizas e 4 farois altos no tramo comprendido entre a praia e a zona do cámping.

– Paseo da Ameixida: 72 balizas que percorren toda a infraestrutura.

– Parque de Punta do Castro: 2 balizas e 26 luminarias sobre columnas, 2 proxectores nas pistas deportivas e 4 na zona do aparcadoiro.

– Pasarelas das praias de Castro e da Catía e paseo do Carreiro: 221 balizas, en total, sumando todos os tramos, ás que se suman 9 farois na rúa adxacente Andrés Torres Queiruga.

– Porto de Aguiño: substitución por luces LED de 100 luminarias existentes nos vieiros que percorren o porto e o aparcadoiro e na zona residencial situada na contorna.

As empresas Ferrovial e Instalaciones Eléctricas Coruñesas foron as que levaron a cabo os traballos tras resultar adxudicatarias dos contratos pertinentes por parte do Concello.

Investimento

Esta operación enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 (MRA2020), financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, dentro do Programa Operativo de Crecemento Sustentábel (POCS) 2014-2020 (actualmente integrado no Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) FEDER 2014-2020).

Máis concretamente, inclúese no capítulo Actuacións de mellora para unha iluminación eficiente no Concello de Ribeira, que se adscribe á Liña Actuación LA13 de Mellora da Eficiencia Enerxética na Administración Pública, dentro do Obxectivo Temático 4 de Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono.

O investimento total previsto para esta actuación é de 500.000 €, dos cales 400.000 corresponden a fondos FEDER, mentres que os 100.000 € restantes son achegados polo Concello de Ribeira.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

250 quilos de alimentos para entregar a Cáritas na Andaina Solidaria

Baixo a xenerosa man de Abraham Benítez Somoza, un voluntario sempre disposto a axudar, a parroquia de Carreira encheuse de solidariedade. Coa participación dun centenar de persoas e a colaboración desinteresada daqueles que apoian a Cáritas Ribeira, reuníronse máis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...