O Concello de Dodro prepara o terreo para a cesión gratuíta das parcelas dos cemiterios de San Xoán e San Xián

28 Febreiro 2023

O Concello de Dodro informou de que nos vindeiros está previsto convocar un pleno extraordinario para a cesión gratuíta das parcelas onde se atopan os cemiterios de San Xoán de Laíño e San Xián de Laíño, a día de hoxe ambos os dous de titularidade pública logo da súa incorporación ao inventario de bens e dereitos municipais feita polo anterior Goberno.

O Concello engade que o Regulamento de Bens das Corporacións Locais permite a cesión de balde dos bens inmóbeis de titularidade municipal a favor de entidades ou institucións públicas para fins que “redunden en beneficio dos habitantes do termo municipal, así como a favor de institucións privadas de interese público sen ánimo de lucro”.

As dúas asociacións de propietarios xa procederon a solicitar a dita cesión gratuíta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...