O Concello de Boiro propón realizar actividades para colectivos específicos da poboación

16 Febreiro 2023


O Concello de Boiro, a través do departamento de Servizos Sociais, propón a realización de actividades dirixidas a sectores específicos da poboación. A proposta de actividades estaría destinada a persoas con diversidade funcional e outra de musicoterapia para persoas maiores.

O concelleiro Raúl Treus nunha imaxe do Diario de Arousa

Por unha parte prevese retomar o proxecto Universo Diverso que se paralizou por mor da COVID-19 e que ten como finalidade “achegar alternativas de ocio para persoas con diversidade funcional maiores de 16 anos”. Actividades que se realizarán atendendo ás necesidades de conciliación.

Por outra banda, o Concello de Boiro propón retomar tamén as actividades de musicoterapia destinadas a persoas maiores e que tamén se paralizaron a causa da pandemia. “Son dúas actividades que no pasado tiñan gran aceptación e queremos retomalas atendendo ás demandas da veciñanza, polo que abrimos un prazo de preinscrición para poder determinar os grupos e horarios”, afirmou o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus.

Para coñecer o interese nas actividades e poder conformar os grupos atendendo ás demandas e necesidades da veciñanza, o Concello de Boiro abre un prazo de preinscrición para mostrar o interese en participar nestas actividades. A solicitude de inscrición previa debe facerse no departamento de Servizos Sociais de Boiro ou no enderezo electrónico s.sociais@boiro.gal

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.