O Concello de Boiro comeza as obras de urbanización para a ordenación dun cruce en Triñáns

14 Febreiro 2023

O Concello de Boiro informou do comezo das obras do proxecto de urbanización e ordenación de cruce en Triñáns. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron o lugar para coñecer as obras que se van levar a cabo.

Segundo fixeron saber, o estado actual do cruce precisa dunha adecuada organización do tráfico e do espazo peonil da zona, para o que se van levar a cabo tarefas de pavimentación e disposición de alumeado, sinalización e dotación de mobiliario urbano. “Trátase dun núcleo moi transitado polo que transcorren moitos vehículos e que se vai acondicionar para mellorar a súa seguridade”, afirmou o alcalde.

As actuacións contemplan o movemento de terras para o seu acondicionamento; a execución dun muro de cachotería; a pavimentación con aglomerado asfáltico, soleira de formigón e faixa de granito; a sinalización viaria; nova iluminación tipo LED e mobiliario urbano

As actuacións ascenden a un importe de 48.367,41 euros, financiados mediante fondos propios do remanente de tesourería do ano 2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...