O Concello da Pobra oferta un obradoiro dirixido a mulleres coidadoras de persoas dependentes

01 Febreiro 2023

Mellora-la calidade de vida das mulleres que exercen de coidadoras de persoas dependentes. Este é
o obxectivo marcado pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal co obradoiro Coidando as que coidan.
Con esta acción de balde preténdese previr e intervir na sobrecarga xerada por un labor que asumen maioritariamente as mulleres ao longo da historia e que pode acabar repercutindo negativamente na súa calidade de vida e na súa saúde, ademais de influír na calidade dos coidados que exercen.
Acompañada da axente de igualdade, Carolina Rodríguez, a edil Charo Varela (Nós Pobra) explica que se abordará “a problemática dende un punto de vista psicoeducativo e tendo en conta a realidade desas
mulleres.”
O Servizo de Psicoloxía do Concello imparte este obradoiro aos luns ata o día 6 de marzo, en horario de 16.00 a 18.00 horas, nas dependencias dos Servizos Sociais e da Igualdade, fronte á casa consistorial.
Ofértanse 10 prazas. Máis información e inscricións no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...