O BNG de Ribeira di que segue a dispararse o sobrecuste do novo auditorio

15 Febreiro 2023

O BNG de Ribeira emitiu un novo comunicado relativo ao proxecto para crear un novo auditorio en Ribeira, hoxe en día en proceso de construción. O grupo pon o foco no anuncio da licitación das butacas para o novo auditorio de Ribeira por valor de 323.000 euros, o que fixo que criticase ao Concello pola súa mala xestión, que provoca “sobrecustes insustentábeis para as arcas municipais”.

Os nacionalistas detallan “que o orzamento inicial para construír o auditorio ascendía a 2,5 millóns de euros pero durante a redacción do proxecto construtivo observáronse carencias que fixeron que ascendera a 3,6 millóns con todo incluído para entrar en funcionamento, saíndo logo a licitación por 4,2 millóns de euros e poñéndose na actualidade preto dos 5 millóns de euros”.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, cre que “o Goberno perdeu toda credibilidade” xa que, segundo di, “puxeron todo tipo de desculpas pero o único certo é que evidencia a nefasta xestión realizada polo Partido Popular fica patente con case calquera obra que se realiza no municipio, sendo incapaces de executar en tempo, forma e orzamento as obras que eles mesmos proxectan”. A un nivel máis concreto, o BNG criticou “obras como a Casa da Xuventude cuxo valor inicial foi de 860.000 euros e que xa leva 1,1 millóns de euros gastados en sucesivas reformas por culpa do seu abandono, ou as do Mercado Municipal, que pasou de 2,7 a 3,5 millóns de euros, ou o Pavillón de Palmeira, que pasou de 1,3 a 2 millóns de euros, ou a depuradora, que tivo un sobrecuste de 1 millón de euros”.

Pérez Barral sostén que “moitas das obras que se fan en Ribeira sofren paralizacións na metade da súa construción, modifícanse e incrementan de maneira alarmante os custos previstos incialmente”. E engade: “O Goberno local só se centra nas grandes obras e demostra a súa incapacidade para atender as demandas veciñais, pero o que é máis grave é que malgasta os cartos públicos que son de todos e todas”.

Desde o BNG indican que “seguirán traballando para que se atendan as cuestións que realmente lle preocupan á veciñanza como mellorar o mantemento e a limpeza de parques, estradas ou equipamentos públicos que esmorecen pola mala e ineficiente xestión do PP”. Pérez Barral esíxelle ao alcalde de Ribeira, Ruiz Rivas, “que se poña a traballar para sacar os proxectos adiante, mellorar o mantemento dos edificios e equipamentos públicos porque Ribeira non pode seguir esmorecendo por causa da súa mala xestión ou que deixe paso”. E conclúe: “Ribeira precisa un goberno que este á altura, capaz de resolver os problemas e sacar o potencial do concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.