O BNG de Outes fai un chamamento á cidadanía a participar na mobilización do sábado contra as verteduras de San Finx

27 Febreiro 2023

O BNG de Outes publicou un vídeo nas redes no que fai un chamamento directo ás veciñas e veciños para participaren na concentración convocada pola Confraría de Noia en contra da autorización de vertidos da mina de San Fins.

No vídeo, Anxo Núñez, responsábel local do grupo nacionalista, denuncia que a ría está en perigo pola autorización recibida pola Mina de San Finx para baleirar litros e litros de augas contaminadas que irían dar, directamente, “ao noso litoral”. Estes vertidos, di, “suporían poñer en risco máis de 1.500 empregos directos e máis de 5.000 empregos indirectos nos nosos concellos”. E prosegue: “Estas augas contaminadas de San Finx non están a seguir un proceso normal de vertedura, nin veñen acompañadas de controis eficaces sobre a súa depuración, e aínda por riba á empresa da mina non se lle obriga a facerse cargo dos posíbeis efectos medioambientais”.

A concentración convocada pola Confraría de Noia será o sábado 4 de marzo na Alameda da vila noiesa ás 11.00 da mañá.

Outros artigos

O 3 de maio comeza a veda do polbo e moitos compran para conxelar

Esta parada será de dous meses, pero a da campaña vindeira podería ser de catro. Este venres día 3 de maio ás catro da tarde comeza a veda. O polbo que veremos nos mercados ou será conxelado ou será de fóra. De aí que moitos busquen estes días o cefalópodo galego...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...