
No día de hoxe os alumnos do certificado de cociña do Obradoiro Tahume VIII visitaron o comedor social situado na rúa Cervantes e os seus usuarios, para os cales realizaron un menú degustación.
O menú estaba composto por aperitivos (sopa de cocido e croqueta de lacón e touciño), un primeiro prato (bao de chourizo con chimichurri e orella con cama de repolo e manteiga), un segundo (canelón de costela e polo con bechamel de grelo) e por último flores de Entroido de postre.
Os alumnos puideron compartir unha charla distendida cos usuarios deste comedor xestinado pola organización ICE Renovación coa colaboración do Concello, así como cos voluntarios do mesmo.
Para finalizar, o alumnado e o equipo recibirón por parte dos usuarios do comedor uns bombóns e unha preciosa caricatura como mostra de agradecemento o seu traballo diario.




