O martes remata febreiro coa chegada de aire frío a Península procedente do norte de Europa. Deste xeito, o ceo estará despexado na maior parte do territorio. Posibilidade de precipitacións intermitentes no norte de Lugo sendo en forma de neve arredor dos 400 metros. As temperaturas mínimas en descenso e as máximas continuarán sen cambios. O vento soprará do nordés, con intervalos de moderado no litoral e zonas altas.
O noso mar: Vento do nordés, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e á tarde e 3 a 4 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 04:06 | 1.5 m |
Preamar | 10:26 | 2.6 m |
Baixamar | 16:35 | 1.6 m |
Preamar | 23:15 | 2.7 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 03:58 | 1.5 m |
Preamar | 10:20 | 2.6 m |
Baixamar | 16:27 | 1.7 m |
Preamar | 23:03 | 2.7 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 04:02 | 1.5 m |
Preamar | 10:24 | 2.6 m |
Baixamar | 16:34 | 1.6 m |
Preamar | 23:10 | 2.7 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota