Lousame celebrará o seu Festival de Entroido o domingo 19 no Polideportivo Pilar Barreiro Senra

02 Febreiro 2023

O Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra acollerá o vindeiro domingo 19 de febreiro o tradicional Festival de Entroido do Concello de Lousame, que se desenvolverá entre as 16:30 e as 20:00 horas. O festival estará amenizado pola música en directo da man dos cantantes das orquestras máis recoñecidas de Galicia: Óliver Escobar, da París de Noia; Néstor Peña, da Olimpus; e Diego Moreira, da Panorama.

En palabras do Concello, o evento manterá “o exitoso modelo dos últimos seis anos, polo que non haberá concurso de disfraces, que pasará a converterse nun divertido desfile de disfraces”.

“Queremos que sexa unha actividade para desfrutar en familia. Que a xente veña a divertirse e desfrutar do festival sen andar pendentes dos cartos que hai que gastar no disfrace para o concurso”, apunta a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

O Festival de Entroido de Lousame ofrecerá xogos, inchábeis e obradoiros de Entroido para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistan. Ademais, haberá caramelos para todos os nenos e nenas que asistan disfrazados.

As familias que desexen participar deberán inscribirse gratuitamente en bandoticket.com. Para facilitar o acceso, o Concello de Lousame empregará o mesmo sistema empregado no Festival de Reis e nos campamentos dos últimos anos: dirección única con entrada pola Fonte do Redullo e saída polo CPI Cernadas de Castro. Deste xeito, os pequenos poden quedar na festa mentres a persoa adulta aparca nunha das tres zonas dispoñíbeis na contorna: entrada do colexio, no campo vello de fútbol de Cruído ou na propia subida do Redullo (no carril dereito).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.