“Infravivendas e chabolismo” – José Manuel Pena

24 Febreiro 2023

Hai tempo que vimos lendo e oíndo falar, por parte dos nosos responsables públicos, da necesidade de erradicar o chabolismo e as infravivendas en Galicia para facilitar unhas condicións máis dignas para as familias que se atopan nestas situacións de vulnerabilidade. Ao parecer, ata o momento, desde os organismos provinciais e autonómicos dedicáronse a paliar o chabolismo nas grandes urbes, esquecéndose das pequenas e medianas poboacións que deixaron en mans dos responsables municipais.

A realidade actual púidena comprobar, nestes días, ao penetrarme no chamado, tradicionalmente, como “poboado xitano” na zona da capital do Barbanza. Alí puiden observar como familias como a de Pilar, Irene, Vanesa e outras tantas habitan “infravivendas”, con humidades, falsos teitos en pésimo estado, portas rotas, falta de lavadoiro, pequenos baños, algunha familia vivindo mesmo nalgún camión acondicionado e en caravanas, nalgunha delas entran habitualmente roedores. O peor é que puiden ver a nenos pequenos que viven coas súas nais, nestas condicións inhumanas.

As estatísticas tamén son arrepiantes. Un 12% das familias xitanas viven en infravivendas e engadiría que non só as xitanas senón tamén algunhas paias. O 4% das familias xitanas tamén seguen vivindo en chabolas. Agora contra estas estatísticas teñen que loitar os Concellos para conseguir que estas familias poidan vivir cun mínimo de dignidade, pois estas situacións atentan contra os dereitos fundamentais das persoas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...