“Galicia, pioneira na creación do proxecto audiovisual ONDA ODS”. Antón Luaces

18 Febreiro 2023

Galicia é unha das comunidades pioneiras entre as integradas na iniciativa SONANDO LOCAL integrada no proxecto ONDA ODS coordinado por DMA-RTV e financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

A nova significa un importante paso cara un obxectivo do que moitos radiofonista participamos vai anos na percura de lle dar pulo á información máis próxima e que, posteriormente, a Xunta de Galicia non so non apoiou senon que puxo evidentes atrancos para impedir que prosperara como foi o caso -mesmo xudiciais- postos en tempos de Núñez Feijoo á fronte do goberno autonómico e que obrigou á emisora comunitaria Cuac FM da Coruña a emitir sempre coa espada de Damocles eariba.

Agora, emisoras de radio galegas como son a Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA-Radiofusión) e a Rede de Medios Comunitarios -que conta coa coruñesa Cuac FM como asociada e Radio Filispim e Radio Roncudo como colaboradoras- participan da iniciativa citada (Sonando Local) plataforma OTT de contidos audiovisuais desde a proximidade, organizada ao abeiro do programa Onda ODS que ofrece información en catro idiomas: galego, castelán, catalán e  eúscaro, arredor dos retos globais contemplados na Axenda 2030.

Coa celebración o pasado 13 de febreiro do Día Internacional da Radio  e desde o local en Europa, ofrécese información sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), labor no que toman parte asimesmo a Asociación de Emisoras Municipais e Comunitarias de Andalucía de Radio e Televisión (EMA-RTV) e RTV Cardedeu (La Xarxa).

Segundo información a este respecto facilitada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), os medios de proximidade teñen como prioridade incidir e sensibilizar á poboación sobre os retos globais aos que se terá que enfrontar a sociedade ao longo das próximas décadas: medioambiente, equidade de xénero, revitalización do medio rural, traballo digno ou loita contra as desigualdades, que son algúns dos eixos temáticos que vertebran esta plataforma a través da cal os usuarios poderán visualizar ou escoitar de balde materiais moi familiares por medio dos que se favorecerá a consecución dos 17 obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados na antedita Axenda 2030.

A rede Sonando Local tenta, polo tanto, promover o fortalecemento dunha alianza de máis de 300 medios locais -públicos e comunitarios- para que os problemas, retos e oportunidades que xiran arredor dos ODS sexan ampliamente coñecidos pola ciudadanía española.

Os retos globais da Axenda 2030 son : o fin da pobreza, fame cero, saúde e benestar, educación de calidade, equidade de xénero, auga limpa e saneamento, enerxía asequible e non contaminante, traballo decente  e crecemento económico. En definitia, erradicar a pobreza, protexer o planeta e facer realidade os dereitos humanos de todas as persoas.  

Un reto pouco doado, máis tamén un desafío que a sociedade debe asumir, especialmente na comunidade autónoma de Galicia onde, desgraciadamente, as diferencias están sumamente  marcadas. Moitas veces, a lume.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.