Formoso critica dende Rianxo a actitude da Xunta diante da baixada da produción marisqueira na ría de Arousa

13 Febreiro 2023

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, estivo na mañá de 13 de febreiro en Rianxo, onde cualificou a actitude da Xunta en relación á baixada de produción marisqueira na ría de “desleixo das responsabilidades”. Tralo seu encontro co patrón maior da Confraría de Rianxo, Miguel Iglesias, esixiu ao Goberno galego que estenda as axudas ao sector, “especialmente co marisqueo a pé que quedou excluído das liñas de apoio”.

O número un do PSdeG achegouse á localidade de Rianxo para coñecer de primeira man as demandas dos profesionais que viven do marisqueo na ría de Arousa. Esta visita, dixo, débese á “situación de alarma” que denuncian os mariscadores debido á perda de produción dos últimos anos e aos elevados niveis de mortaldade de molusco polo excesivo aporte de auga doce.

Formoso quixo “poñer enriba da mesa” as demandas do sector extractivo do mar que, segundo reflectiu, “está preocupado por esta baixada da produción da cal non se coñecen as causas e que lles obriga a adiantar o paro da campaña marisqueira”.

Formoso trasladou ao presidente da Xunta que “se poña ao fronte da situación” e “active todos os recursos da Xunta para esclarecer as causas desta baixada da produción, xa que na actualidade só hai uns supostos que propuxo o sector, pero sen confirmación científicas”.

Tamén quixo denunciar “a falta de permisos de pesca expedidos polo Goberno galego, sendo na actualidade menos de 4.000 PERMEX, cifra inferior aos 6.500 que había no 2009, e incluso menos da metade dos 8.000 que prometeu Feijóo cando era presidente da Xunta”.

Para rematar, esixiu “implicación, sensibilidade e axilidade para que o sector do marisqueo coñeza canto antes as causas desta situación, contando con todos os medios científicos e económicos da Consellería do Mar”.

Valentín González Formoso acudiu á localidade arousá acompañado do patrón maior da confraría de Rianxo, Miguel Iglesias, do candidato socialista á alcaldía de Rianxo, Óscar Rial, da concelleira do Goberno local, Rosana García, do parlamentario arousán e membro da comisión de Pesca, Julio Torrado, da vicevoceira parlamentaria, Begoña Rodríguez, do secretario provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...